13.1.11

DENUCIA DAS ABUSIVAS TARIFAS APARCAMENTO



  A Asociación O Rosario- Inferniño, presentamos este escrito no Rexistro Xeral Municipal do Concello de Ferrol para denunciar o abusivo cobramento nas TARIFAS da Empresa concesionaria PORTANOVA PARK S.A. , sito no Centro Comercial do Inferniño.

As tarifas mensuais supoñen un encarecemento do 12, 5 % con respecto ao ano anterior ao pasar de 40, 00 € á 45, 00 €. A tarifa diurna pasa dun cobramento de 16, 00 € do pasado ano-2010 aos 25,00 € deste ano, o que representa unha subida do 56 %, que como se pode apreciar, está moi lonxe do IPC anual.

Lembramos que a empresa PORTANOVA PARK S.A. é unha concesión pública do Concello de Ferrol, polo que esta ten a obriga de comunicar a Concellaría de Facenda calquera proposta de alteración de prezos á alza para a súa aprobación.

Esperamos que as nosas demandas teñan resposta do concello co fin de que esta empresa concesionaria cumpra a normativa e Prego de Condicións e así ofrecer aos usuarios todas as garantías legais. Tamén demandamos unha maior xestión ante a falta de limpeza desta instalación, que de seguro, non pasaría unha INSPECCIÓN SANITARIA.

Esta empresa concesionaria ten o compromiso ante o Concello de realizar un investimento de 200. 000 €, tal e como anunciou publicamente o Concelleiro de Facenda para realizar obras de mellora e homologación coa normativa vixente coa posta en marcha de dispositivos mecánicos e electrónicos.

Tamén nos facemos eco das reivindicacións laborais dos TRABALLADORES deste aparcamento o cal pedimos a empresa o cumprimento escrupuloso dos convenios, así como a intervención do goberno local.

Por todo isto,

- Demandamos a intervención da Concellaría de Facenda para que realice as xestións necesarias co fin de aplicar o IPC anual nas diferentes TARIFAS e se faga RECTIFICAR a esta empresa concesionaria.



Ferrol, a 12 de Xaneiro de 2011.

- Pola directiva.-


                A PRESIDENTA                                   O SECRETARIO



- Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ-     /     --asdo. Xosé M.SANXOÁN CAAMAÑO-

No hay comentarios: