8.9.09

SOLICITUDE DAS AXUDAS ESCOLARES.-

O prazo de solicitude das axudas estará

aberto ata o próximo 30 de setembro.


Desde o pasado día 1 e ata o 30 deste mesmo estará aberto o prazo para solicitar as axudas da Consellería de Educación para a compra dos libros de texto.
Este curso terán que comprar os manuais os alumnos de 1°, 2°, 5° e 6° de Primaria e de Educación Especial -niveis nos que comeza a implantarse este ano este modelo de gratuidad solidaria?, como o denomina a propia Administración educativa-.
Unha vez solicitadas, o prazo estimados para cobralas é, segundo a propia Consellería, de 15 a 20 días, tramitándose as mesmas por orde de presentación da documentación.
Importes-
A cuantía das axudas se cifra nun total de * 180 euros por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 5.400 euros per cápita;
* 104 € para aquelas con rendas inferiores aos 9.000 euros;
* 250 € para cada neno de Educación Especial, independientemente da renda familiar.
Tanto o formulario como toda a información necesaria poderá obterse nos centros educativos, nas sedes da Xunta ou a través da páxina web http://gratuidadesolidaria.xunta.es .
Tamén se dará resposta a todas as dúbidas a través do teléfono 981 54 65 21.
Na mencionada páxina web, na que se asegura que 7 de cada 10 escolares galegos terán axudas para libros converténdose Galicia na comunidade que máis axuda achega por alumno, pódese acceder a toda a información relativa ao novo sistema podendo calcular cada familia o importe da axuda ao que tería acceso.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: