20.9.09

PLANO MOBILIDADE - ESTUDO ESPAZOS PÚBLICOS - VEHÍCULOS

A proposta libera o espazo público para

desincentivar o uso do vehículo propio.


O aparcadoiro é un dos principais problemas en relación coa mobilidade e a ocupación do espazo público.
O actual censo de vehículos en Ferrol é de 23.412 e a maior concentración rexístrase nas zonas do Inferniño e Ultramar, ademais do barrio da Magdalena, con máis de cen turismos por hectárea en cada caso.
O actual sistema, segundo a análise do Plano de Mobilidade utiliza o espazo público para satisfacer a demanda de aparcadoiro de vehículos privados, potenciando ademais o uso do coche pola abundancia de zonas de estacionamento gratuíto.
Segundo as estimacións realizadas pola Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona, globalmente existe no ámbito de Ferrol un superávit de prazas residenciais de máis de 4.200.
No ámbito do leste da Magdalena e o nordés de Caranza aparece, con todo, un déficit algo elevado de prazas, pero sen chegar a representar un problema.
A proposta do Plano de Mobilidade contempla, nun escenario intermedio coa implantación das novas redes de mobilidade sostible -autobús, bicicleta e rede peonil- a supresión de prazas de estacionamento na calzada, un 22,9% do total.
O déficit de aparcadoiro que supón esta medida compensaríase coa construción de tres aparcadoiros subterráneos, o máis céntrico na zona do Parador.
O número total de novas prazas situaríase así nunhas 1.100 e o superávit global en Ferrol ascendería a 2.650 prazas. Para o escenario final que expón o Plano de Mobilidade contémplase un censo de 25.442 vehículos, con 13.931 garaxes de uso privado.
De non aplicarse ningunha das propostas do Aula de Ecoloxía Urbana e atendendo ás actuacións xa previstas polo concello, eliminaríanse na zona urbana de Ferrol 562 prazas de aparcadoiro -274 pola humanización de rúas e 288 pola peonalización de tramos na Magdalena- e das 6.351 prazas de uso público só o 38,1% serían subterráneas, é dicir, situadas fose do espazo público.
Sería unha situación que non diferiría moito da actual. Coa incorporación das medidas do Plano de Mobilidade liberaríanse para uso público zonas de estacionamento en superficie, crearíanse espazos destinados en exclusiva a residentes, implantaríase o sistema ORA en superficie e limitaríase o uso do espazo público concertando o privado.
Trátase de lograr un índice de rotación de vehículos moi alto na zona centro que desembocará nunha desincentivación do uso do vehículo particular e animará a utilizar o ransporte colectivo.
O aparcadoiro en calzada limitaríase a 2.173 prazas, das que o 3,5% serían para carga e descarga, o 17,6% para rotación e o resto para residentes.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: