9.11.08

SEMANA DA CIENCIA - 2008





A CIENCIA É CULTURA
CELEBRACIÓN DA SEMANA DA CIENCIA 2008



1. Introdución

A Semana da Ciencia é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. Este ano 2008 terá lugar do 10 ao 23 de novembro.


Durante os días de celebración, todo tipo de entidades públicas e privadas están chamadas a abrir as súas portas e organizar actividades coas que se pretende amosar á cidadanía, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas súas vidas cotiás, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados.


O obxectivo da Semana da Ciencia é incitar ao pensamento, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible.


En Galicia, a Semana da Ciencia é coordinada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellaría de Innovación e Industria, en colaboración con FECYT, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, entidade dependente do Ministerio
de Ciencia e Innovación que coordina o evento a nivel estatal.

Dentro da Semana da Ciencia as asociacións veciñais estamos chamadas a participar, non so divulgando e asistindo ás actividades ofertadas, senón tamén de maneira activa como entidades organizadoras das mesmas.



Dende a A. Vecoñal O Rosario-Inferniño traballamos na firme crenza de que as asociacións veciñais non so deben centrarse na resolución de problemas, senón que ademais deben impulsar a cultura, a educación e outras accións que permitan o desenvolvemento integral da veciñanza.

Neste senso moitas veces se esquece unha obviedade:

A Ciencia é Cultura.
E nesta sociedade caracterizada por o rápido desenvolvemento científico e tecnolóxico os cidadáns vense continuamente na obriga de tomar partido e opinar sobre cuestións relacionadas cos avances científicos ou tecnolóxicos que afectan ás súas vidas, sen ter, na maioría dos casos, as ferramentas culturais necesarias para desenvolver unha opinión formada.

Tradicionalmente esta labor de divulgación vense facendo desde diversas institucións académicas ou culturais, pero estamos convencidos de que as asociacións veciñais podemos aportar un maior acercamento da cidadanía a estes temas; sobre todo de aqueles veciños de menor formación, máis idade, os inmigrantes, etc., que se sentirían incómodos en ambientes máis académicos ou formais.
Por esta razón dende a Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO decidimos participar activamente na SEMANA DA CIENCIA co proxecto cultural que a continuación presentamos.

2. Obxectivos.

O obxectivo xeral deste proxecto é o de contribuír á información á cidadanía, entendendo que a ciencia e a tecnoloxía son unha parte fundamental da nosa cultura.
Este obxectivo xeral pódese desglosar en dous obxectivos específicos:

Amosar á cidadanía, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas súas vidas cotiás, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados.
Incitar ao pensamento crítico, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible

3. Breve descrición das actividades a organizar

Charlas: Impartiranse conferencias de divulgación de temática variada, sempre baseadas na aplicación da ciencia ou a tecnoloxía a fenómenos ou actividades cotiás. Serán charlas adaptadas á calquera nivel cultural e a calquera idade. Propoñemos as seguintes:

- O ceo de Ferrol.


* Paulino Gasalla. Sociedade Galega de Historia Natural


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


- Ciencia e seguridade vial.


* Carlos Álvarez Feal. Profesor da Universidade da Coruña


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


- Unha andaina matemática por Ferrol.


* Luis Puig. Profesor da Universidade da Coruña.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


Proxección de películas:


Posibilidade de Proxeccións de películas comerciais, non científicas pero que de algunha maneira abordan temas relacionados coa ciencia. A proxección irá precedida dunha breve introdución sobre os aspectos científicos que aborda a película.

Proxecto Infantil: O PLANETA TERRA.


Este ano 2008, celébrase o Ano Internacional do PLANETA TERRA que persigue concienciar á sociedade da relación existente entre Humanidade e Planeta Terra e resaltar a importancia que as Ciencias da Terra teñen na consecución dun futuro equilibrado e sostible que aumente a calidade de vida e salvagarde a dinámica planetaria.

Co fin de motivar un acercamento dos máis pequenos a este tema a través do debuxo, propoñemos a realización dun pequeno proxecto en colaboración cos colexios do barrio.


Neste proxecto poderían participar os alumnos por medio dunha redacción onde mostren distintos aspectos da súa relación co Planeta Terra:


Riscos xeolóxicos, cambio climático, recursos, océanos, Terra e vida...

Os traballos participantes expoñeremos no Centro Cultural Carvalho Calero e algúns no Blog da *Asociación O Rosario_Inferniño, ademais de dar información sobre todo que aconteza nestas charlas.


Exposicións:

o Escher e as matemáticas.- Carteis, quebracabezas, programas de ordenador sobre os fundamentos matemáticos que enchen as obras do famoso pintor holandés. (Pendente)

Préstamo de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática)

o O Planeta Terra: Traballos realizados por os alumnos dos colexios.

· FESTA DA CIENCIA.

- Realizarase un festival científico no Centro cultural Carvalho Calero para cerrar as celebracións da Semana da Ciencia. ( 13 de Decembro )

A festa estará amenizada por unha empresa (Cienciadivertida) dedicada á organización de festas e festivais científicos.


5. Calendario de actividades.

· A Semana da Ciencia celébrase do 10 ó 23 de novembro.


· Co fin de facilitar a participación dos cidadáns de distintas idades e ocupacións consideramos mais adecuado iniciar as actividades na primeira semana de novembro e estendelas ate o inicio das vacacións de Nadal.


· A Festa da Ciencia celebrarase na última semana da actividade, coincidindo co inicio das vacación de Nadal


6. Entidade ou entidades que co- organizan o proxecto .
Explicación das súas actividades culturais anuais.



As actividades estarán organizadas pola Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño.

O entrarmos a participar na Semana da Ciencia a Dirección Xeral de I+D+i permitirá subir a información das actividades realizadas á web da Semana da Ciencia, a través dunha aplicación telemática e manter actualizada esa información. Ademais colaborará na difusión da actividade.

No BLOG da asociación Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño pódense consultar as súas actividades.


Ferrol , a 4 Novembro de 2008.



A PRESIDENTA - - / - - O SECRETARIO




Asdo. Ana J. LOPEZ DÍAZ - / - asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO


No hay comentarios: