9.11.08

REUNIONS CONCELLEIRAS DE CULTURA E SERVIZOS SOCIAIS.



ENTREVISTAS CONCELLEIRA CULTURA, ENSINO.

SERVIZOS SOCIAIS, XUVENTUDE.




A Xunta Directiva desta ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO-INFERNIÑO, mantivo unhas entrevistas coas concelleira de CULTURA - EDUCACIÓN e a Concelleira de SERVIZOS SOCIAS , XUVENTUDE, este pasado día 3 de Novembro



-CENTRO CULTURAL MUNICIPALCARVALHO CALERO.-

REGULAMENTO DE USOS

Expresamos a necesidade de dotar a este centro cultural da cidade de Ferrol dun REGULAMENTO DE USOS, para poder definir as súas finalidades e necesidades, cuns fins ben definidos para posibilitar e dotar este centro de contido totalmente CULTURAL.


- Dotar de megafonía e proxector público, suprimindo todo o soporte actual de caracter privado.


- Melloras estruturais e reformas propias de camerinos, escenario, accesorios que cumpran coas mínimas condicións onde desenvolver as ARTES ESCENICAS, que demanda a veciñanza e un importante sector social.




CEIP IBAÑEZ MARTIN


Como zona de influencia de ensino público deste barrio, manifestamos que este centro ten problemas de masificación no servizo de comedor polo que pedimos se atendan as necesidades e demandas do CONSELLO ESCOLAR deste Centro.

A concelleira de educación está conforme e informa que debe ser trasladado a Consellaría de Educación da Xunta, motivado a que ten máis capacidade económica e de medios para realizar unha obra de maior envergadura.

Cómpre cambiar o nome deste centro en base ao cumprimento da lei da memoria histórica e buscar nomes alternativos adecuados por parte da comunidade educativa.


Esta Asociación xa propuxo os nomes:


ANTÓN PAZ .- Ex-Presidente da Federación de ANPAS, defensor e loitador pola DEMOCRACIA no réxime franquista.


ANXELES ALVARIÑO .- Científica nada en Serantes, ensinando e investigando nas principais universidades de Norteamérica.


RECIMIL .- Nome propio do lugar onde está este colexio.


CENTRO SOCIAL DE MAIORES.


- Solicitamos da Concelleira de Servizos Sociais, Beatriz Sestayo, información do Centro de Maiores da Rúa Río Xubia que ante algunhas denuncias de funcionamento nos manifesta que xa están os traballadores sociais do concello atendendo este centro, que irá dotando de mais medios e programación lúdico- cultural.

Mostramos certas sospeitas de usar aos maiores para programar excursións sen demasiado control, convertendo estes destinos sociais e obxectivos con animo de lucro baixo os logotipos do Concello de Ferrol, ao que nos comunica que a Concellaría tivo que intervir para suspender algunha destas excursión por razóns bastante obvias.

Tamén nos comunica que en vindeiras datas sairá á concurso a CESIÓN do servizo de hostalaría deste Centro de Maiores, esixindo máis calidade en todos os sentidos.


Nosa asociación apoia e defende calquera proposta de implantar un servizo de GALESCOLA da Xunta de Galicia para este barrio como tamén ampliar os servizos e atencións de novos CENTROS DE MAIORES que este barrio do Inferniño necesita.


Non esquecemos que a gardería infantil contemplada do PREGO DE CONDICIÓNS do Centro Comercial, nunca chegou a se construír, polo que deberíase ter en conta para unha posible futura actuación dunha LUDOTECA INFANTIL PUBLICA.


Ferrol a 6 de Novembro de 2008.


- A Presidenta - / - O Secretario




Asdo. Ana J. López Díaz / asdo. Xosé M. Sanxoán

No hay comentarios: