8.11.08

PROGRAMACIÓN INFANFIL "SABACTIVOS"






Os Sabactivos regresan a partir da vindeira semana ao Carvalho Calero



-Nenos durante un obradoiro

REDACCIÓN > FERROL
Os Sabactivos, a oferta de ocio infantil do Concello de Ferrol, regresan a partir da vindeira semana con importantes novidades. Entre elas, cabe destacar a súa ubicación.
Se ata o de agora as actividades tiñan lugar no Centro Cultural Carvalho Calero (no barrio do Inferniño) a partir do mes de decembro estas trasladaranse tamén á Casa da Infancia, no Cantón.
Deste xeito a Concellería de Xuventude pretende expandir a oferta de ocio infantil a toda a cidade.
A programación dos Sabactivos para o outono inclúe unha chea de actividades para nenos de entre 3 e 12 anos de idade.
Haberá obradoiros para elaborar menús saudables, de reciclaxe, informática, danza ou dereitos humanos. Así mesmo tamén se impartirán clases de expresión drámatica, co obxectivo de que os rapaces poidan indagar nas bases de creación escénica ou xogos cooperativos, unha acción que busca fomentar valores como a responsabilidade, o respeto ou o esforzo.
A concelleira de Xuventude, Benestar Social, Muller e Solidaridade, Beatriz Sestayo, lembrou que os obradoiros comezarán o sábado 15 no Carvalho Calero e o 6 de decembro na Casa da Infancia.
En ámbolos dous casos o horario será de 11.30 a 13.30.
Os pais interesados en apuntar aos seus fillos nestas actividades poden facelo ben acudindo á Casa da Xuventude (rúa Almendra) ou directamente ao Carvalho Calero o próximo sábado.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: