Un momento do taller do contacontos .

MARTA QUINTEIRO > FERROL
As actividades de recuperación do folclore infantil galego e de fomento da lingua galega, impulsadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a editorial Kalandraka chegan hoxe ao seu remate en Ferrol cunha sesión especial de contos e música dirixida ao público en xeral.
Hai dúas semanas unha campaña itinerante chegaba a Ferrol. Baixo o nome de “Cantar e contar: ler a nosa lingua” conseguiu que, durante eses quince días, uns 1.250 escolares ferroláns, de entre catro e once anos, pasaran polas diferentes actividades que traía consigo. Contacontos, obradoiros de escrita creativa e unha exposición de ilustracións orixinais dos artistas galegos foron algúns dos eixos desta campaña. E todo foi acompañado de música popular galega interpretada en directo, con instrumentos como o clarinete, o acordeón ou a pandeireta .
Ademais, os docentes dos centros que participaron nas actividades tamén se sumaron ás sesións para adquirir claves educativas a partir das adaptacións de contos tradicionais e grandes obras da literatura infantil e xuvenil.
Hoxe esta campaña chega a súa fin na nosa cidade e o fai cunha sesión especial no Centro Cultural Carvalho Calero na que nenos e maiores poderán disfrutar, a partir das 18:30 horas, da música e dos contos que a organización preparou para a despedida.
Pero a campaña continúa a súa viaxe pola comunidade. Despois de visitar as cidades de Marín e Ferrol, as súas próximas paradas serán as localidades de Vilagarcía, neste mes de novembro, e Carballo en decembro.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario