14.11.08

EXPOSICION PINTORES FERROLÁNS NO CARVALHO CALERO.

Oito pintores ferroláns no 150 aniversario da

cidade.
















Onte inaugurouse a exposición no centro cultural Carvalho Calero.


CARLOS CARBALLEIRA > FERROL
O alcalde, Vicente Irisarri, inaugurou onte a terceira exposición que con motivo do 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol ábrese ao público.
Neste caso, a fotografía actual e antiga deixa paso aos fondos pictóricos municipais, con oito artistas locais. O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, inaugurou onte no centro cultural Carvalho Calero a exposición Escola pictórica ferrolá, que recolle obras de Fernando Álvarez de Sotomayor, Felipe Belo Piñeiro, Máximo Ramos, José Leyra Domínguez, Luís Jaime, Ricardo Segura Torrella e José González Collado.
O rexedor municipal, Vicente Irisarri, a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, e o pintor José González Collado -o único vivo deste grupo pictórico- interviñeron no acto celebrado na tarde de onte.
A exposición Escola pictórica ferrolá recolle unha representación de obras de artistas ferroláns que aínda que non pertencen a unha escola pictórica en sentido estrito si permitiron situar á cidade nun dos primeiros postos da escena pictórica galega.
O gusto polo costumismo, a presenza da figura humana e o paisaxismo están presentes nas obras destes oito autores que presentan, con todo, diferenzas moi notables entre eles.
A mostra estará aberta ata o próximo 12 de decembro e poderá ser visitada en horario de 10.30 a 13.30 e de cinco a oito da tarde. Tamén se atopan abertas sendas exposicións fotográficas no centro cultural Torrente Ballester e na sala de exposicións de Exponav.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: