En mes e medio a urbanización da rúa Río Xubia estará finalizada, segundo anunciou onte o Concello tras adxudicar á empresa Fillos Losada Cancelo as obras por un orzamento de 104.400 euros.
29.11.08
RUA RIO XUBIA - PALCO DAS ANIMAS
En mes e medio a urbanización da rúa Río Xubia estará finalizada, segundo anunciou onte o Concello tras adxudicar á empresa Fillos Losada Cancelo as obras por un orzamento de 104.400 euros.
27.11.08
URBANISMO - ESTRADA CASTELA- PARQUE URBANO.
A asociación de veciños O Rosario, do Inferniño, entrevistouse co concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato, para coñecer en detalle o proxecto de humanización da estrada de Castela, que afecta ao seu barrio.
O colectivo trasladou a Mato a súa petición de urbanización da rúa Río Xuvia ao seu paso polo palco das Ánimas e tamén a súa demanda de remodelación da praza do Inferniño.
«Reivindicamos a nosa antiga demanda respecto de que o parque urbano do Inferniño sexa unha realidade nunha zona que leva 20 anos de atraso», afirman, á vez que reclaman a creación dun humidal natural urbano.
26.11.08
CHARLA DE LUIS PUIG "UNHA ANDAINA MATEMATICA POR FERROL"
17.11.08
A CIENCIA NA SEGURIDADE VIAL.

14.11.08
EXPOSICION PINTORES FERROLÁNS NO CARVALHO CALERO.
cidade.

Onte inaugurouse a exposición no centro cultural Carvalho Calero.
11.11.08
CHARLA DUNHA VIRTUAL VIAXE ESPACIAL

- Agradecemos a presenza da Concelleira de Cultura , Mercedes Carbajales, para abrir este ciclo de charlas no salón de actos do CARVALHO CALERO.
A Viaxe continuou ate os límites do universo..-
Ao fondo podese ver a nosa NAVE ESPACIAL que fixo un percorrido galáctico..
Fin de traxecto... onde varios/as nenos/as preguntaron suas curiosidades espaciais.
A. Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO.-
10.11.08
PROGRAMA SEMANA DA CIENCIA

INFORMACION DA PRIMEIRA XORNADA.
MARTES, 11 de Novembro no Salón de Actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO, as 7 da tarde.
- Charla impartida polo representante da Sociedade Galega de Historia Natural.
- Paulino Gasalla
- Unha viaxe espacial.-
Entrada aberta a cidadanía.
A Xunta directiva.-
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com
9.11.08
SEMANA DA CIENCIA - 2008

CELEBRACIÓN DA SEMANA DA CIENCIA 2008
1. Introdución
A Semana da Ciencia é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. Este ano 2008 terá lugar do 10 ao 23 de novembro.
En Galicia, a Semana da Ciencia é coordinada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovac

Dentro da Semana da Ciencia as asociacións veciñais estamos chamadas a participar, non so divulgando e asistindo ás actividades ofertadas, senón tamén de maneira activa como entidades organizadoras das mesmas.
Dende a A. Vecoñal O Rosario-Inferniño traballamos na firme crenza de que as asociacións veciñais non so deben centrarse na resolución de problemas, senón que ademais deben impulsar a cultura, a educación e outras accións que permitan o desenvolvemento integral da veciñanza.
Neste senso moitas veces se esquece unha obviedade:
A Ciencia é Cultura.
Tradicionalmente esta labor de divulgación vense facendo desde diversas institucións académicas ou culturais, pero estamos convencidos de que as asociacións veciñais podemos aportar un maior acercamento da cidadanía a estes temas; sobre todo de aqueles veciños de menor formación, máis idade, os inmigrantes, etc., que se sentirían incómodos en ambientes máis académicos ou formais.
Por esta razón dende a Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO decidimos participar activamente na SEMANA DA CIENCIA co proxecto cultural que a continuación presentamos.
2. Obxectivos.
O obxectivo xeral deste proxecto é o de contribuír á información á cidadanía, entendendo que a ciencia e a tecnoloxía son unha parte fundamental da nosa cultura.
Este obxectivo xeral pódese desglosar en dous obxectivos específicos:
Amosar á cidadanía, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas súas vidas cotiás, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados.
Incitar ao pensamento crítico, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible
3. Breve descrición das actividades a organizar
Charlas: Impartiranse conferencias de divulgación de temática variada, sempre baseadas na aplicación da ciencia ou a tecnoloxía a fenómenos ou actividades cotiás. Serán charlas adaptadas á calquera nivel cultural e a calquera idade. Propoñemos as seguintes:
- O ceo de Ferrol.
* Paulino Gasalla. Sociedade Galega de Historia Natural
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
- Ciencia e seguridade vial.
* Carlos Álvarez Feal. Profesor da Universidade da Coruña
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
* Luis Puig. Profesor da Universidade da Coruña.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Proxecto Infantil: O PLANETA TERRA.
Co fin de motivar un acercamento dos máis pequenos a este tema a través do debuxo, propoñemos a realización dun pequeno proxecto en colaboración cos colexios do barrio.
Exposicións:
o Escher e as matemáticas.- Carteis, quebracabezas, programas de ordenador sobre os fundamentos matemáticos que enchen as obras do famoso pintor holandés. (Pendente)
o O Planeta Terra: Traballos realizados por os alumnos dos colexios.
· FESTA DA CIENCIA.
A festa estará amenizada por unha empresa (Cienciadivertida) dedicada á organización de festas e festivais científicos.
5. Calendario de actividades.
· A Semana da Ciencia celébrase do 10 ó 23 de novembro.
· A Festa da Ciencia celebrarase na última semana da actividade, coincidindo co inicio das vacación de Nadal
6. Entidade ou entidades que co- organizan o proxecto .
Explicación das súas actividades culturais anuais.
As actividades estarán organizadas pola Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño.
O entrarmos a participar na Semana da Ciencia a Dirección Xeral de I+D+i permitirá subir a información das actividades realizadas á web da Semana da Ciencia, a través dunha aplicación telemática e manter actualizada esa información. Ademais colaborará na difusión da actividade.
No BLOG da asociación Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño pódense consultar as súas actividades.
Ferrol , a 4 Novembro de 2008.
A PRESIDENTA - - / - - O SECRETARIO
Asdo. Ana J. LOPEZ DÍAZ - / - asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO
REUNIONS CONCELLEIRAS DE CULTURA E SERVIZOS SOCIAIS.

ENTREVISTAS CONCELLEIRA CULTURA, ENSINO.
SERVIZOS SOCIAIS, XUVENTUDE.
A Xunta Directiva desta ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO-INFERNIÑO, mantivo unhas entrevistas coas concelleira de CULTURA - EDUCACIÓN e a Concelleira de SERVIZOS SOCIAS , XUVENTUDE, este pasado día 3 de Novembro
-CENTRO CULTURAL MUNICIPALCARVALHO CALERO.-
REGULAMENTO DE USOS
Expresamos a necesidade de dotar a este centro cultural da cidade de Ferrol dun REGULAMENTO DE USOS, para poder definir as súas finalidades e necesidades, cuns fins ben definidos para posibilitar e dotar este centro de contido totalmente CULTURAL.
- Dotar de megafonía e proxector público, suprimindo todo o soporte actual de caracter privado.
- Melloras estruturais e reformas propias de camerinos, escenario, accesorios que cumpran coas mínimas condicións onde desenvolver as ARTES ESCENICAS, que demanda a veciñanza e un importante sector social.
CEIP IBAÑEZ MARTIN
Como zona de influencia de ensino público deste barrio, manifestamos que este centro ten problemas de masificación no servizo de comedor polo que pedimos se atendan as necesidades e demandas do CONSELLO ESCOLAR deste Centro.
A concelleira de educación está conforme e informa que debe ser trasladado a Consellaría de Educación da Xunta, motivado a que ten máis capacidade económica e de medios para realizar unha obra de maior envergadura.
Cómpre cambiar o nome deste centro en base ao cumprimento da lei da memoria histórica e buscar nomes alternativos adecuados por parte da comunidade educativa.
Esta Asociación xa propuxo os nomes:
ANTÓN PAZ .- Ex-Presidente da Federación de ANPAS, defensor e loitador pola DEMOCRACIA no réxime franquista.
ANXELES ALVARIÑO .- Científica nada en Serantes, ensinando e investigando nas principais universidades de Norteamérica.
RECIMIL .- Nome propio do lugar onde está este colexio.
CENTRO SOCIAL DE MAIORES.
- Solicitamos da Concelleira de Servizos Sociais, Beatriz Sestayo, información do Centro de Maiores da Rúa Río Xubia que ante algunhas denuncias de funcionamento nos manifesta que xa están os traballadores sociais do concello atendendo este centro, que irá dotando de mais medios e programación lúdico- cultural.
Mostramos certas sospeitas de usar aos maiores para programar excursións sen demasiado control, convertendo estes destinos sociais e obxectivos con animo de lucro baixo os logotipos do Concello de Ferrol, ao que nos comunica que a Concellaría tivo que intervir para suspender algunha destas excursión por razóns bastante obvias.
Tamén nos comunica que en vindeiras datas sairá á concurso a CESIÓN do servizo de hostalaría deste Centro de Maiores, esixindo máis calidade en todos os sentidos.
Nosa asociación apoia e defende calquera proposta de implantar un servizo de GALESCOLA da Xunta de Galicia para este barrio como tamén ampliar os servizos e atencións de novos CENTROS DE MAIORES que este barrio do Inferniño necesita.
Non esquecemos que a gardería infantil contemplada do PREGO DE CONDICIÓNS do Centro Comercial, nunca chegou a se construír, polo que deberíase ter en conta para unha posible futura actuación dunha LUDOTECA INFANTIL PUBLICA.
Ferrol a 6 de Novembro de 2008.
- A Presidenta - / - O Secretario
Asdo. Ana J. López Díaz / asdo. Xosé M. Sanxoán
8.11.08
PROGRAMACIÓN INFANFIL "SABACTIVOS"

Os Sabactivos regresan a partir da vindeira semana ao Carvalho Calero
-Nenos durante un obradoiro
Os Sabactivos, a oferta de ocio infantil do Concello de Ferrol, regresan a partir da vindeira semana con importantes novidades. Entre elas, cabe destacar a súa ubicación.
7.11.08
GAP CO NOVO CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

5.11.08
ACTOS CULTURAIS NO CENTRO C. CARVALHO CALERO.-
Un momento do taller do contacontos .

MARTA QUINTEIRO > FERROL
As actividades de recuperación do folclore infantil galego e de fomento da lingua galega, impulsadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a editorial Kalandraka chegan hoxe ao seu remate en Ferrol cunha sesión especial de contos e música dirixida ao público en xeral.
Hai dúas semanas unha campaña itinerante chegaba a Ferrol. Baixo o nome de “Cantar e contar: ler a nosa lingua” conseguiu que, durante eses quince días, uns 1.250 escolares ferroláns, de entre catro e once anos, pasaran polas diferentes actividades que traía consigo. Contacontos, obradoiros de escrita creativa e unha exposición de ilustracións orixinais dos artistas galegos foron algúns dos eixos desta campaña. E todo foi acompañado de música popular galega interpretada en directo, con instrumentos como o clarinete, o acordeón ou a pandeireta .
Ademais, os docentes dos centros que participaron nas actividades tamén se sumaron ás sesións para adquirir claves educativas a partir das adaptacións de contos tradicionais e grandes obras da literatura infantil e xuvenil.
Hoxe esta campaña chega a súa fin na nosa cidade e o fai cunha sesión especial no Centro Cultural Carvalho Calero na que nenos e maiores poderán disfrutar, a partir das 18:30 horas, da música e dos contos que a organización preparou para a despedida.
Pero a campaña continúa a súa viaxe pola comunidade. Despois de visitar as cidades de Marín e Ferrol, as súas próximas paradas serán as localidades de Vilagarcía, neste mes de novembro, e Carballo en decembro.