25.7.08

XUNTANZA REIVINDICATIVA EN DEFENSA DO TRANSPORTE PUBLICO

Asociacións das zonas urbana e rural piden melloras en tódalas liñas.

Aconvocatoria de asamblea feita con urxencia pola Asociación de Veciños de Ferrol Vello ante a supresión de servizos levada a cabo de forma unilateral por Rialsa tivo un grande éxito de convocatoria.
A pesares da premura con que se artellou a cita, máis dunha ducia de representantes de entidades veciñais, tanto da zona urbana coma do rural, asistiron a este encontro.
Desta cita saiu un primeiro documento no que este colectiva manifesta o seu desacordo coa “reducción drástica de liñas” adoptada por Rialsa.

Os colectivos veciñais cuestionaron, neste senso, as cifras dadas pola compañía nas que xustificaba esta medida na falta de pasaxeiros. “Se á empresa non lle interesa atender este servizo, que se recupere a concesión e se convoque un novo concurso”, dixo Alberto Saavedra, presidente da AVV Ferrol Vello.
Pero non se quedaron soamente nesta problemática, senón que ademais reclaman melloras nos servizos que prestan as compañías concesionarias das liñas de transporte de viaxeiros na área metropolitana.

Neste senso, expuxeron a necesidade de aumentar as liñas existentes, facendo fincapé en mellorar os desprazamentos a puntos clave, como os centros de saúde ou colexios, entre outros.
Ao respecto, Alberto Saavedra sinalou que “o descontento é xeralizado, por esta razón queremos que se conte coa opinión dos usuarios e participar con empresa, Xunta e Concello nas conversas que se poidan levar a cabo ao respecto do transporte de viaxeiros”, engadiu.
Este colectivo chama a sumarse ás súas demandas a novas asociacións de veciños e sociais.
En vindeiras datas entregarán un escrito oficial con elas ás administracións autonómica e local.

Diario de Ferrol.-

1 comentario:

INFERNIÑO dijo...

PARABÉNS AS ASOCICACIONS QUE PARTICIPARON nesta reunión para reclamar os servicios públicos dos cidadáns.