31.7.08

ENTREVISTA CONCELLEIRO DE FACENDA



REUNION CONCELLEIRO DE FACENDA

29 xullo de 2008.

A Xunta Directiva desta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, comunicamos que no día de hoxe a mañá, mantivemos unha xunta co Concelleiro de Facenda para achegarlle varias demandas veciñais e sociais do barrio do Inferniño.


LOCAL SOCIAL








En primeiro lugar a XUNTA DIRECTIVA, despois de varios anos de reclamacións e xestións, por fin !! COMPRACENOS COMUNICAR QUE O GOBERNO VAINOS CEDER UN LOCAL SOCIAL, SITO NA AVENIDA DE VIVEIRO COA ESTRADA DE CASTELA, (Parada de Taxis).
Queremos convidar e compartir cos veciños e veciñas do barrio do Inferniño para que sexan participes neste proxecto común na consecución dun barrio mellor.

Expresamos os nosos agradecementos aos membros do goberno local por nos facilitar estas instalacións necesarias para desenvolver o noso traballo social coa veciñanza.

CENTRO COMERCIAL




Demandamos do goberno local que continúe realizando todas as xestións necesarias para sacar adiante certos problemas do CENTRO COMERCIAL, aínda que nos din que son moi particulares e obedecen a circunstancias económicas e complexas.

Trasladamos ao goberno a preocupación dos comerciantes que como ultimo responsable destas instalacións están a denunciar unha situación incerta ou irregular que esixe moita xestión na busca dunha solución.
Denunciamos o aumento de peches de establecementos comerciais e cales son as súas as causas reais.

Pídennos tempo e unha confianza razoable nas xestións, esperando que todos estes pasos e requirimentos na xestión dean resultados nun tempo razoable para comezar a sacar conclusións máis concretas.


APARCAMENTO

O Concelleiro de Facenda continúa informando que a situación do APARCAMENTO DA PRAZA DO INFERNIÑO, se está actualizando e poñendo ao día aínda que con certos retrasos de caracter legal.
Informamos xa con anterioridade que este aparcamento presenta moitas carencias de carácter sanitario, de homologación e un certo abandono no seu mantemento.
O Concelleiro comunícanos que o concesionario vai realizar un importante INVESTIMENTO para adecuar o aparcamento as súas necesidades e normativas, seguindo os trámites necesarios.


PARQUE URBANO–EXPROPIACION ANTIGAS VIVENDAS

Comunica que as casas situadas no Palco de Animas están expropiadas e pagadas aos seus antigos propietarios.

Significa que continúan os trámites necesarios para a consecución dun PARQUE URBANO, ( PU-14 ), nunha antiga aspiración e reivindicación desta asociación veciñal para o cal pediremos proximamente máis información ao Concelleiro de Urbanismo.


FEIRON DO INFERNIÑO

Comunica o Concelleiro que por fin a XESTIÓN DO FEIRON no INFERNIÑO VAI MUDAR no senso de que se vai facer unha nova ORDENANZA para regularizar o funcionamento, venda e xestión deste Feirón.
Segundo nos informa o Concelleiro de Facenda a xestión do Feirón vai retomala directamente o Concello para finais deste ano.
Tamén a Concelleira de Mercados e Servizos nos ratifica os cambios que se van producir no Feirón posto que xa está o Concello catalogando os postos de venda, decidindo o método de cobramento, reforzando o control sanitario. Asegúranos que se está avanzando nas conversacións coas partes; comerciantes, vendedores e asociacións, para comunicarlles os mencionados cambios na xestión que se levará a cabo directamente desde o Concello.

Expresamos a nosa satisfacción polo ben do barrio e os usuarios do Feirón posto que existen moitas queixas da hostalería e veciñanza, lembrándolle que a xestión do Feirón vai a peor debido a invasión de toda clase de vehículos dos feirantes nas beirarrúas, Praza do Inferniño, accesos...etc., denunciando que existe un pasotísmo total.

Desexamos e esperamos que a xestión do Feirón se normalice e se aplique de verdade a normativa municipal para unha mellor convivencia veciñal. Desde a nosa asociación levamos reclamando como necesaria e urxente esta implicación directa do concello na xestión e control da actividade do Feirón así como a erradicación definitiva de certas prácticas de xestión e cobramento que se poderían cualificar, como mínimo, de irregulares e bastante discutibles. E por iso nos alegramos de que por fin vaia ser o Concello quen realice esas funcións que entendemos lle corresponde.

Ferrol a 29 de Xullo de 2008.


A PRESIDENTA / O SECRETARIO


Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ / Asdo. Xosé M. SANXOÁN

No hay comentarios: