Recortes servizos públicos Galicia -
Todos a manifestacion do día
27 de febreiro.-
AS POLÍTICAS GUBERNAMENTAIS ESTÁN  DEIXANDO SEN DEREITOS A MILLÓNS DE PERSOAS QUE NECESITAN SERVIZOS PÚBLICOS
Sanidade: 
O Goberno eliminou o dereito  á atención sanitaria universal publica, gratuíta no momento de recibir a  asistencia e de calidade, ao desmantelar e privatizar o Sistema Publico de  Saúde  Galego e introducir o copago polos  servizos. 
Pensións: 
Recorte dun 14,8% a 28,3%  das pensións nos próximos quince anos, mentres se desgravan plans de pensións  privados. 
Lei de Dependencia:
O Goberno paralizou a Lei de  Dependencia, reducindo o seu orzamento nun 36,4% en 2014, o que deixa sen  atención a unhas 17.000 persoas en Galicia que tiñan recoñecida a prestación,  non se aceptan novas solicitudes das 7.500 pendentes de valoración, e  paralízase a incorporación de novos servizos asistenciais. 
Recortes de programas para persoas  con minusvalías e discapacidades: 
Recórtanse un 15,8% en 2013  os programas de asistencia a persoas con discapacidade física, orgánica,  intelectual, enfermidades raras, parapléxicos, enfermos mentais ou con Síndrome  de Down. Pechouse o 065 e retírase a subvención ao transporte público de  desprazamentos para rehabilitación. Esta medida afecta a unhas 18.000 persoas en  Galicia, onde terá unha especial repercusión dada a disposición xeográfica no  entorno rural e ao envellecemento, moitas destas persoas carecen dos servizos  mínimos necesarios, vehículos ou apoios básicos. 
Cambios na lexislación que prohibe  aos concellos prestar servizos sociais:
O proxecto de lei de  Racionalización e Sostenibilidade da Administración local obrigará aos  concellos a deixar de prestar servizos sociais e a trasladar esta  responsabilidade ás autonomías. Isto afectará a axudas a domicilio, residencias  de maiores, apoio á familia, reinserción social, comedores sociais, servizos de  atención á muller, albergues de inmigrantes, que atenden a 2,6 millóns de  persoas no Estado, unhas 190.000 en Galicia. Trasladar o financiamento destas  competencias ás CCAA suporá a creba da maioría e obrigaraas á privatizar e/ou  pechar estes servizos, o que enviará ao paro a outros 70.800 empregados  municipais. 
Eliminación do dereito a decidir  das mulleres sobre a Interrupción do embarazo: 
A Lei Orgánica de Protección da Vida do Concibido e dos Dereitos da Muller  Embarazada supón a anulación dos dereitos sexuais e reprodutivos das  mulleres, suprimindo por lei o dereito a decidir libremente sobre o momento de  ser nai. Preténdese impedir a interrupción do embarazo, aínda que o feto teña  malformacións graves .
Estafa legal ás persoas que  contrataron preferentes e subordinadas:
Enganaron a miles de galegas  e galegos que agora non poden retirar os seus aforros xa que ningunha destas  participacións está garantida polo Fondo de Garantía de Depósitos (para retirar  o diñeiro hai que vender estas participacións a outro cliente de Caixanova e  Caixagalicia, algo imposible debido a crise). Aínda que o Banco de España teña  rescatado con diñeiro público a estas caixas (o 90% do total), estas non  devolven o diñeiro aos seus clientes. 
Recortes nas axudas a emigrantes e  retornados: 
O Ministerio de Facenda  esixe unha media de 10.000 euros aos emigrantes retornados a España por non  declarar as súas pensións no estranxeiro, algo descoñecido polos afectados que  non foron advertidos por Facenda da necesidade de declaralas, ata a moitos se  lles dixo que non era algo obrigatorio. Tamén se recortaron un 16% os programas  de axuda a residentes no exterior e emigrantes retornados.
Recortes en educación: 
O recorte educativo alcanza  os 7.300 millóns de euros en 2014, o que supón unha caída do 16,7% no gasto  educativo durante a crise. En Galicia, no ano 2013, os recortes en educación  foron de 149 millóns de euros e despedíronse 1.225 profesoras e profesores. Os  recortes afectan ao ensino Universitario, Ensino Superior Obrigatorio,  Formación Profesional e Educación Infantil e Primaria. Suprimíronse becas e  axudas ao estudo, comedores escolares, compra de libros. As matriculas  universitarias subiron un 20%, o que impide a moitos mozos e mozas con familias  afectadas pola crise poder acceder a estudos superiores. 
Abandono da Mocidade sen educación,  traballo ou sanidade: 
Ademais do anterior o paro  xuvenil afecta ao 57%, os contratos para novos son cada vez máis precarios con  soldos inferiores nun 42 % á media, o 47,3 % das mozas e mozos entre 16 e 29  anos ten contrato temporal e o 39,1 % desempeña un traballo inferior o seu  nivel de cualificación. Retirouse o dereito á asistencia sanitaria aos maiores  de 26 anos que estean en paro e quen emigre por un período superior a tres  meses perderá tamén o dereito,  se ao  volver non atopa un traballo. 
Resumo
O Goberno recortou no 2014  nun 10% o gasto social do Estado, o que suporá menos recursos para sanidade,  educación, dependencia, pensións, cobertura do paro, mulleres, mozas e mozos,  emigrantes, etc.
Esta política esta destinada  a pagar a débeda dos bancos deixando sen dereitos á maioría social especialmente  aos máis necesitados de axuda e con menos recursos económicos. 
Unicamente unha gran alianza que mobilice a todas e a todos  os afectados, que somos a maioría da poboación, en contra desta política  antisocial e antihumana, pode salvar os servizos sociais básicos que se nos  quere arrebatar.
Todos a manifestacion do dia 27 de febreiro convocada pola Alianza Social Gelega en Galicia. 
    --

No hay comentarios:
Publicar un comentario