1.3.14

Biblioteca pechada.-


 A A.Veciñal O Rosario- Inferniño súmase ás críticas polas goteras no Carvalho Calero.




REDACCIÓN FERROL | Actualizado 25 Febreiro 2014 -



 A Asociación Veciñal O Rosario do Inferniño denunciou a través dun comunicado que a biblioteca situada no centro cultural Carvalho Calero continúa pechada e critica ademais "a falta de mantemento e as consecuentes pingueiras que caen enriba desta biblioteca e mesmo das computadoras públicas, ademáis doutras salas do centro cultural". A protesta súmase á realizada o mes pasado pola Asociación de Veciños do Ensanche A, que ten, ademais, a súa sé en leste mesmo edificio.

 A entidade O Rosario reclama a apertura permanente da biblioteca, con horarios que inclúan os fins de semana para poder facilitar este servizo a estudantes e lectores, así como que se reparen os tellados para evitar os problemas de goteiras.


 Noutra orde de cousas, a asociación continúa denunciando a ocupación da praza do Inferniño por parte de camións de feira e atraccións, no que considera unha "teima do goberno local en privatizar espazos públicos con fins privados".


 O Rosario -Inferniño pide ao goberno que rectifique na concesión de permisos de ocupación e que desaloje estes camións a lugares "máis discretos" para permitir, sobre todo ás persoas maiores, o uso da praza.


- Diario de Ferrol.-


--

No hay comentarios: