12.3.14

Palco Música - Praza Inferniño.-





 
PRAZA DO INFERNIÑO
PALCO MÚSICA
 
     
   A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño ante o anuncio de demolición do Palco da Música do Inferniño e a falta de información queremos manifestar o seguinte comunicado;
 
 1º .- A Praza do Inferniño está nun lamentable estado de abandono e falta de mantemento por parte dos continuos gobernos municipais e que sempre demandamos a necesidade de contar cun plano integral de actuación desta Praza do Inferniño como a remodelación da súa inadecuada pedra de cantos afilados nos xardíns a semellanza dos instalados na Praza de España.

 
   

2º .- Esta Asociación sempre defendimos librar este espazo público, aínda que sempre optamos polo TRASLADO deste PALCO do INFERNIÑO a un dos lados da Praza do Inferniño con aproveitamento da estrutura actual co obxectivo de continuar actuacións culturais.
   


 
 3º .- Non é certo que non se utilice este Palco da Música do Inferniño, xa que lembramos que esta Asociación veciñal fai un uso cultural, coma os seguintes ;
- CONCERTOS da BANDAS DE MÚSICA ao aire libre na primavera  
   verán.
- Celebración de actuacións musicais e lectura pública do DÍA DAS   
   LETRAS GALEGAS.
   
         -  Celebración do FESTIVAL INFERNIÑOFOLK con actuacións ao aire     
         libre de Grupos de música tradicional e folk.
 
-         4º Lembrar a gran afluencia e persoas de todas as idades e en especial a  
       infancia, adicando unha especial atención aos espazos de xogos e
       instalacións  infantís os cales necesitan unha renovación. 
 
 
 
  • Esta Asociación ten solicitada por REXISTRO Xeral Municipal unha petición de xuntanza con varios membros do goberno local e concelleiro de barrio co fin de debater e coñecer varios temas de interese para este barrio do Inferniño, polo que exporemos a queixa de non ser informados destas actuacións municipais como parte dun exercicio de Participación Cidadá.
  •  


  Este espazo público foi OCUPADO de forma continuada por un gran camión de atraccións, causando o malestar das persoas maiores polo que rogamos ao concelleiro responsable das Prazas públicas faga unha maior protección deste espazo público.
 
   Pensamos que debido a seus múltiplos usos, fan necesario deseñar un proxecto de restauración INTEGRAL  co fin de REXENERAR esta Praza do Inferniño cun enlousado de calidade no seu núcleo central enriba do asfalto, dotándoa de mobiliario, bancadas, renovación das instalación infantís, tratándoo como un proxecto global dada a afluencia e uso desta praza.
 
   Esperamos unha maior información e diálogo do goberno municipal co fin de achegar a un consenso social e participativo.
  •  
     
    Ferrol, a 11 de marzo de 2014.
     
        
          - Directiva.-

 
 
 
  • SR. ALCALDE –PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-
                                                                                                                

No hay comentarios: