C.R.C. FERROL

Representantes da Plataforma pola Defensa da Sanidade pública, convocantes da concentración .
Coincidindo co falecemento de Stéphane Hessel, ideólogo do movemento indignado, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública mostrou tamén a súa "indignación" e unha homenaxe á figura deste escritor na convocatoria pública da manifestación comarcal prevista para o vindeiro domingo.
A Plataforma, que congrega a unhas 50 entidades entre asociacións veciñais, sindicatos, entidades sociosanitarias e outras agrupacións, anima á cidadanía a acudir á concentración do domingo, que partirá ás doce do mediodía da praza Camilo José Cela -diante do edificio administrativo da Xunta- e percorrerá Rúa María, Praza de Amboaxe, rúa Real e chegada á praza de Armas.
como a do naval
O representante da AVV O Rosario-Inferniño, Xosé Mel Sanxoán, recalcou a importancia da manifestación do domingo "no mesmo plano de consideración ao naval da pasada semana".
Mel fixo fincapé no dereito fundamental á saúde con criterios de equidade e solidariedade e denunciou a "falacia de persistir en que a sanidade pública non é rendible". O portavoz veciñal indicou que "non é rendible economicamente pero si recorta os dereitos do rural". Tamén lembrou que a plataforma sanitaria enmárcase, xunto con outras moitas, dentro de SOS Galicia Sanidade Pública, que funciona a nivel autonómico.
recortes
Na rolda de prensa de convocatoria da manifestación comarcal, Elena Casal lembrou que a aprobación dos novos orzamentos da Xunta "recollen sobor de todo reduccións en sanidade" e asegurou que estas medidas afectan tanto a profesionais como a usuarios, xa que as condicións de traballo serán diferentes "non se cubrirán baixas e vacacións" e como consecuencia produciranse situacións como os colapsos dos servizos de urxencia ou a ampliación das listas de espera.
Segundo Casal, a redución orzamentaria levará á "política privatizadora, como xa fixeron noutras comunidades e como vai ser a política do PP".
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario