20.3.13

CORO DIAPASÓN - VENRES-22 - CARVALHO CALERO

 
 
A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño convida á cidadanía a unha actuación de Música do CORO DIAPASÓN este vindeiro VENRES -22 ás 20 horas no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, dentro do programa FERROL ESCENA-2013.
 
Con estes actos, esta Asociación Veciñal queremos render unha HOMENAXE Á MULLER e seguir a reivindicar o seu importante papel de igualdade no terreo laboral e social.           
 
 
 
                                                Coro Diapasón
                                    (Ferrol)
 
No verán do ano 2010 coinciden nun taller de música coral contemporánea desenvolvido en Ferrol, os integrantes de dous coros que se están formando nesa mesma cidade, un deles xuvenil, co mesmo director. A boa comuñón entre ambos os grupos fai que se unan e o resultado recibe o nome de -Coro Diapasón-.

Como tal debuta xa no 2011 e  dende entón efectúa unha ducia de concertos por toda a provincia da Coruña, nos que vai mostrando un repertorio que combina música popular e  académica, pero toda ela baixo o denominador común de estar creada por compositores nados no século XX.

En novembro de 2012 realiza unha pequena xira pola Ruta da Prata que lles leva  a cantar en Santa Cristina de la Polvorosa (Benavente),  Almendralejo (Badaxoz), Trujillo (Cáceres) e Sevilla, na que recibiron numerosas felicitacións e mostras de agarimo.

O Coro é unha interesante mestura de persoas de diferentes idades. Na actualidade está formado por 27 compoñentes, moitos deles, os máis novos, estudantes do Conservatorio de Música de Ferrol, aínda que está inmerso nun constante proceso de crecemento.
 
Debido ás numerosa solicitudes, entre os proxectos máis inmediatos de Diapasón, figura a creación dun coro infantil para nenos e nenas a partir do seis anos de idade.
 
Director do Coro Diapasón: Juan Brage Rabina.
 

 
 
- A directiva.-
 
 

--

No hay comentarios: