
O domingo, día 3 de Marzo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol CONVOCAMOS unha Mobilización Comarcal que sairá da Praza de España ás 12 do Mediodía e rematará diante do Concello de Ferrol.
Facemos un chamamento a toda a cidadanía da comarca de Ferrolterra a participar nesta mobilización en favor da Sanidade Pública co fin de parar a súa privatización, denunciar os recortes e o repago, redución das listas de espera, peche de centros saúde, sanidade na zona rural, melloras nos planos de atención primaria, enfermidades profesionais, saúde mental e drogodependencia.
Achegamos o cartaz da manifestación e un panfleto.
--
---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
No hay comentarios:
Publicar un comentario