3.12.12

660.000 galegos pobres.-


Máis de 660.000 galegos estaban no 2011en situación de pobreza ou exclusión social

Deles, 65.386 persoas sofren «privación material severa» segundo o último informe da Rede Europea contra a Pobreza

Escrito por:
EFE
30 de novembro de 2012               
 
Un total de 662.515 persoas en Galicia atopábanse en 2011 en situación de pobreza ou exclusión social, o 23,7 por cento da poboación e 47.031 máis que en 2010, segundo o último informe da Rede Europea contra a Pobreza (EAPN).
 
De acordo con este estudo, en Galicia 525.539 persoas atópanse baixo o limiar da pobreza, un 18,8 por cento da poboación, tres puntos menos que a media española.
Ademais, 65.386 persoas sofren «privación material severa», un punto menos que no ano anterior, e 203.088 viven en fogares con «baixa intensidade de traballo», o 7,3 por cento da poboación e o dato que máis aumentou no conxunto de España.
 
Para EAPN-Galicia, é «especialmente preocupante o aumento das desigualdades, que se intensifican durante a crise».
Así, explica que, se entre os anos 2004 e 2007 a renda do 20 por cento da poboación máis rica multiplicaba por cinco a renda do 20 por cento máis pobre, desde o ano 2008 o 20 por cento máis rico gana sete veces máis que o 20 por cento máis pobre.
 
A asociación resalta nun comunicado que onte mesmo o Eurostat fixo público a porcentaxe de PIB que cada país comunitario dedica á protección social. España, en 2010, destinou a este fin o 25,7 %, fronte á media europea do 29,4 % e só o 1,8 por cento desta porcentaxe destínase a vivenda e exclusión social, fronte ao 3,6 por cento europeo.

La Voz de Galicia.-


No hay comentarios: