Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño, APOIA esta mobilización na defensa da cidadanía de afectados polos desafiuzamentos a consecuencia das políticas levadas a cabo pola especulación mobiliaria e bancaria.
Non aprobamos baixo ningún concepto os desafiuzamentos que atentan contra os dereitos constitucionais da cidadanía.
Dación en pago e aluguer de vivenda pública
Obriga municipal de dispor dun parque de vivendas de aluguer PÚBLICAS.
- Investigar os fraudes e especulacións das vivendas e súas hipotecas.
- Manifestación do día 28 ás 7 h da tarde no Edifi. da Xunta de Galicia.
Saúde
a directiva.-
-------------------------------------------------------------------------------------
NIN CASA SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA !!
Este venres 28 de Decembro, Manifestación unitaria contra os desafiuzamentos e o acoso financeiro
MANIFESTACIÓN UNITARIA CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS E O ACOSO FINANCEIRO
Mobilizaremo-nos para:
Demandar
- a paralización dos desafiuzamentos
- o recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social
- a creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda
Reclamar o dereito a unha vivenda digna.
Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza.
E a nivel local:
Por un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia. Censo de vivenda municipal, Xa !
Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.
No facebook:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
Evento no facebook:
http://www.facebook.com/events/572492036099900/
Baixar Cartaz da convocatoria:
https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMUDhKZlRHeEdNYmM
Baixar volantina da convocatoria:
https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMaXpOR1lqTFpTdUE
||||||||||||||||||||
--

Rede Social de Ferrol Terra
Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop
Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web)
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
|||||||||||||||||||||||||||||||||--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario