6.7.12

Rescate da concesión.-


O Concello secuestrará hoxe a concesión

de Porta Nova se non se retoma a limpeza .

 Venres, 06 de Xullo de 2012.
 redacción ferrol      .
O goberno local notificou na mañá de onte á empresa Fesuco, concesionaria da xestión do centro comercial Porta Nova, a obrigación de regularizar os contratos das compañías que prestan os servizos de mantemento e limpeza (Ssigatty) e vixilancia (Prosenorsa), rescindidos desde o pasado día 30 de xuño.
Os responsables de Ferorsa comunicaron por burofax a ambas as compañías esta decisión e, mentres que o persoal de limpeza non traballa desde o luns -desde a CIG indicaron que se enviou ao persoal de vacacións-, o da empresa de seguridade continuaba aínda onte desempeñando as súas funcións no centro comercial Porta Nova
 O concelleiro de Economía, Alejandro Langtry, lembrou que a concesionaria do servizo de xestión das mencionadas instalacións comerciais dispón de prazo até hoxe -pola mañá- para regularizar a situación. En caso contrario, tal como advertía o edil esta mesma semana, o Concello procederá a secuestrar a concesión pola vía de urxencia, o que lle permitirá facerse cargo da mesma durante un período determinado.
O Concello xa solicitou ao Consello Consultivo de Galicia un informe para que se pronuncie sobre a situación. Fesuco debe ao goberno local unha partida de 500.000 euros e o Consistorio xa lle comunicou a súa intención de recuperar a concesión do servizo. A falta de desistir desa adxudicación, a compañía presentou un recurso no que solicita á administración local unha indemnización por abandonar a xestión da área comercial.
Os comerciantes que operan en Porta Nova celebraron algunhas reunións -presentaron  esta semana un escrito no Concello para que tomase cartas no asunto- e denunciado publicamente a situación. De parte do colectivo situouse o concelleiro de Economía, Alejandro Langtry, que subliñou a necesidade de axilizar os trámites pendentes para recuperar canto antes a concesión da xestión de Porta Nova e pór fin a unha situación que afecta os empresarios desde o pasado luns.

Perda de empregos.-

O responsable comarcal da CIG Xesús Anxo López Pintos denunciou publicamente onte a "grave situación" pola que atravesa o centro comercial Porta Nova. Desde a central nacionalista advirten da posible perda de sete postos de traballo fixos, tres correspondentes ao servizo de mantemento e limpeza e catro na empresa de seguridade privada.

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: