18.7.12

Informe ao Consello Consultivo.

O pleno municipal aproba solicitar

ao Consello Consultivo de Galicia

que se sitúe sobre a extinción do

contrato de Porta Nova.

Todos os grupos políticos apoiaron a iniciativa

O pleno de Ferrol acaba de aprobar solicitar ao Consello Consultivo de Galicia que se pronuncie acerca do expediente iniciado polo goberno municipal para a extinción do contrato de concesión para a explotación do centro comercial Portanova, situado no Inferniño.

Todos os grupos políticos con representación municipal votaron a favor desta proposta impulsada pola área de Economía. O concelleiro responsable, Alejandro Langtry, explicou que a entidade concesionaria do centro comercial Ferrolterra Superficies Comerciais entrou en suspensión de pagamentos, o que é ''motivo suficiente para recuperar a concesión, tal e como se recolle non prego de condicións''.

Neste sentido, o Concello mantivo varios encontros coa firma concesionaria que inicialmente estaba disposta a renunciar ao contrato administrativo, pero a súa posición ''mudou e agora oponse ao rescate de mutuo acordo''.
 Ante este cambio, ''o seguinte paso da administración ferrolá que esta mañá refrendou ou pleno é pedir ao Consello Consultivo de Galicia que emita un informe para proceder ao rescate difinitivo da concesión'', indican desde o Concello.

La Voz de Galicia.-

No hay comentarios: