10.7.12

I Semana sen limpeza - Auditoría a FESUCO

Unha semana sen limpeza no

centro comercial Porta Nova .

 Martes, 10 de Xullo de 2012.

 lorena romeu
 Ferrol.
O centro comercial Porta Nova permanece desde hai xa unha semana sen servizo de limpeza. Unha patrulla da Policía Local acudiu onte as instalacións para redactar un informe que permitirá ao Consistorio tomar cartas no asunto. Á espera de que isto suceda, os comerciantes continúan impotentes tras comprobar que a empresa concesionaria da xestión das instalacións, Fesuco, continúa facendo caso omiso ás esixencias do goberno local.

O concelleiro de Economía, Alejandro Langtry, advertiu a pasada semana do secuestro da concesión no caso de que o servizo de limpeza non se restablecese en 24 horas.
O prazo expirou o venres pero a compañía non retomou os traballos.

Algúns comerciantes que operan no centro comercial Porta Nova afanábanse onte na limpeza das zonas máis próximas aos seus locais, mentres as papeleiras e os corredores continúan acumulando lixo e nos baños -moi utilizados mesmo polas persoas que frecuentan un parque próximo- pódese ver un cartel no que se piden desculpas pola falta de limpeza.

O edil de Economía, Alejandro Langtry, explicou onte que se están "solicitando informes" sobre a situación. Sobre a posibilidade de que sexa o propio Concello o que restableza o servizo "aínda facturándolle posteriormente á concesionaria" ante a falta de hixiene e os problemas de salubridade, o concelleiro sinalou que "só pode prestar o servizo o adxudicatario".
A empresa Fesuco remitiu a pasada semana un escrito ao Consistorio no que indicaba, segundo apuntou Langtry, que "estaban a limpar". Unha afirmación que contrasta totalmente co aspecto que, desde hai unha semana, presenta o interior do centro.

malestar.-

A directiva da Aso.Veciñal O Rosario do Inferniño mostrou onte o seu malestar ante "a falta de limpeza e o lamentable estado de abandono no que se encontra este centro por decisión da empresa concesionaria, Fesuco". O colectivo solidarízase cos empresarios e solicita unha investigación da empresa de limpeza, Ssigatty.
A entidade pide ademais unha auditoría para saber a que se destinou o diñeiro das cotas que cada mes abonaron os comerciantes que operan en Porta Nova
Diario de Ferrol..-

No hay comentarios: