2.12.09

LOCAL E FEIRÓN

Ferrol, Mércores 2 de Decembro de 2009

A asociación veciñal O Rosario-Inferniño

non quere compartir(dividir)o seu local social

con outras entidades.

redacción > ferrol-
A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, unha das dúas entidades veciñais coas que conta o barrio do Ensanche A, non quere seguir compartindo local social.
A directiva da agrupación solicitou unha entrevista co concelleiro de Participación Cidadá, Manolo Santiago, para denunciar o que consideran incumprimentos do Concello en canto a dotala dunha sede propia.
Neste sentido, a A.Veciñal recorda que fai aproximadamente dous anos, o Concello acordou cederlles un local, que na actualidade teñen que compartir con outra entidade, o Rácing San Pedro. A asociación do Rosario-Inferniño denuncia que se trata dun espazo tan raquítico que é imposible que albergue dúas entidades, asegurando que esta é tamén a postura dos técnicos municipais.
Ante esta situación, a directiva do Rosario-Inferniño manifesta a súa decepción e incomodidade co goberno local ante o que consideran un cambio de decisión con respecto ao acordo inicial e de novo reclama o uso exclusivo deste local, aínda que a entidade veciñal di que estaría disposto a compartilo coa Escola Deportiva Inferniño.
Por outra banda, desde O Rosario-Inferniño vólvese a denunciar o último mercadillo que tivo lugar o pasada 14 de novembro no barrio.
A entidade achegou aire librfotogafías nas que se aprecian beirarrúas invadidas polos coches e accesos ocupados, ademais de furgóns na pista polideportiva do Inferño.
O Concello informou a esta asociación que a partir do próximo mes de xaneiro o Concello encargarase da xestión deste feirón, agora en mans da AVV do Ensanche A.
A entidade ten ademais o compromiso do Concello de garantir a seguridade cidadá durante a celebración do mesmo cunha patrulla permanente.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: