
CONCENTRACION SOLIDARIA
Aminatou Haidar
Concentración, en Ferrol, en apoio da activista saharauí Aminetu Haidar e a causa do Pobo Saharaui: Domingo 20 de Decembro
Este Domingo 20 de Decembro, ás 12 do Mediodía, diversas asociacións, organizacións e colectivos, entre as que se encontra Solidariedade Galega co Pobo Saharauí convocan unha Concentración, na P
raza de Galiza de Ferrol, diante do Obelisco na cabeceira da Feira do Terceiro Domingo de Mes, para solidarizarnos coa activista saharauí Aminetu Haidar, apoiar as súas reivindicacións e a da causa do Pobo Saharauí.
Este Domingo 20 de Decembro, ás 12 do Mediodía, diversas asociacións, organizacións e colectivos, entre as que se encontra Solidariedade Galega co Pobo Saharauí convocan unha Concentración, na P
As organizacións, asociacións e colectivos convocantes, facemos un chamamento para que se sumen á mobilización todas aquelas entidades sociais, sindicais, políticas, veciñais, ... e persoas a nivel particular que compartan e apoien as demandas [*] da activista saharauí Aminetu Haidar:
-Demanda que a devolvan a El Aiún, coa súa familia, cos teus fillos, coa súa xente, ao seu país, o Sáhara Occidental e que as autoridades marroquís respeiten á súa persoa, que sexa tratada con dignidade, que non se violen os seus dereitos e que poda desenvolver ás súas actividades pacíficas en defensa do respecto aos Dereitos Humanos.
-Demanda a intervención inmediata do Secretario Xeral de Nacións Unidas, Sr. Ban Ki Moon, acompañada dunha acción urxente para a súa protección e o seu regreso inmediato ao Sáhara Occidental, entanto que é un Territorio Autónomo baixo a custodia de Nacións Unidas. así como a causa do Pobo Saharaui:
Que se concreta no respeito e exercicio do dereito inalienable do Pobo Saharauí á libre determinación e á independencia, de conformidade cos principios enunciados na Carta das Nacións Unidas e na súa resolución 1514 (XV), de 14 de decembro de 1960, na que figura a Declaración sobre a concesión da independencia aos países e pobos coloniais, xa recoñecido para o Pobo Saharauí por Nacións Unidas en numerosas e diferentes resolucións e declaracións, sendo a súa primeira vez na da Asemblea Xeral, sesión plenaria '2435a', de 10 de Decembro de 1975, resolución 3458 (XXX) e a súa última en 5 de Decembro de 2008, na 64ª sesión plenaria, resolución 63/105.
Para o que é necesario o remate da ocupación por parte de Marrocos, o repeito dos dereitos humanos, facilitar a volta ao seu territorio de todas as persoas exiliadas e refuxiadas, a liberdade das presas e presos políticos e unha situación de paz e liberdade.
En Ferrol a 16 de Novembro de 2009
Até agora as entidades que apoian o acto son:
Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño
Ateneo Ferrolán
Axuda en Acción
BNG
Colectivo Ártabra21
Comissão para a reunificação nacional da Galiza e Portugal
Esquerda Unida
Fuco Buxán A.C
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
Fuco Buxán A.C
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
Pendente de confirmar:
Asociación Migratoria de Residentes en Ferrolterra - ASMIREFE
Asociación Veciñal de Esteiro
Colectivo Opaii - Rádio Filispim
Información .- Colectivo Ártaba21.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario