10.12.09


Estimados amigos,


Diríxome a vostedes co fin de comunicarlles que o Concello de Ferrol, a través da Concellería de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos, quere conmemorar o vindeiro día 10 de decembro o Día internacional dos dereitos dos animais.

Con este fin, organiza unhas charlas dirixidas as Asociacións de Veciños de Ferrol.

As charlas enmárcanse nunha “Campaña de información e sensibilización: refuxio de animais do Concello de Ferrol”.

Os contidos da charla, impartida por un veterinario, serán os seguintes:

· Informar sobre os coidados básicos que precisan as mascotas.
· Dar a coñecer as medidas de convivencia.
· Promover a adopción de animais.
· Dar a coñecer creación dun novo “Refuxio de Animais” en Ferrol.
· Recompilar as propostas dos veciños e veciñas de Ferrol

A actividade terá lugar o vindeiro 10 de Decembro de 2009, ás 17:00 horas no Centro Cultural Carvalho Calero.

A Concellería de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos pon en marcha esta campaña desexando que a acollida entre as asociacións de veciños as que vai dirixida sexa boa e positiva.

Esperando contar coa súa colaboración, aproveito para enviarlles saúdos afectuosos.


No hay comentarios: