1.8.08

CAMPAMENTOS URBANOS CENTRO C.CARVALHO CALERO

Beatriz Sestayo anuncia que os campamentos urbanos CUFO para nenos se amplían a agosto.
Venres, 1 de agosto de 2008.
A edil de Xuventude explica que non precisan inscrición, son gratuítos e se celebran de luns a venres, de 9 a 13.30 horas.
Esta medida de conciliación de vida laboral e familiar se combina coa ludoteca municipal aberta a principios de xullo.

Durante o mes de agosto os nenos e nenas de Ferrol teñen unha cita co ocio educativo tódalas mañás, de luns a venres, de nove a unha e media, no Centro Cultural CARVALHO CALERO.
Os campamentos urbanos CUFO é unha das principais iniciativas para conciliar vida laboral e familiar posta en marcha polo departamento municipal de Xuventude que dirixe Beatriz Sestayo. Unha iniciativa que este ano comezaba cunha duración de dúas semanas e que, ante a masiva e inesperada afluencia de nenos e nenas, se viu obrigada a ampliar.
Primeiro ao mes de xullo e, agora, ao mes de agosto.
Non é a única medida para facilitar que os pais e nais de Ferrol teñan un espazo onde, de xeito totalmente gratuíto e coas máximas condicións de seguridade esixibles, poidan deixar aos seus nenos e nenas durante unhas horas para que se divirtan e aprendan. Beatriz Sestayo lembrou que durante os meses de xullo e agosto tamén está operativa a ludoteca municipal emprazada na Casa da Xuventude, cuns horarios idénticos aos de CUFO.
Os destinatarios de CUFO son nenos e nenas de 3 a 12 anos e, para participar nos campamentos urbanos, tan só é preciso presentarse no Centro Cultural Carvalho Calero.
Nese momento, os monitores cubrirán unha ficha cos datos dos rapaces, teléfono de contacto dos pais e nais, e indicacións médicas que deban constar, como se sufren intolerancia ao gluten ou padecen asma, por exemplo.
De seguido, xa poden sumarse aos talleres de plástica, teatro, creación audiovisual, xogos cooperativos, fotografía, etc. que se celebran nas instalacións. E, a media mañá, poden tomar forzas cun almorzo saudable totalmente gratuíto.
O número de participantes a día de hoxe se sitúa entre os 80 e 90 nenos e nenas, aínda que algunhas xornadas a cifra se supera con amplitude, chegando aos 150.
Unhas cifras que dan boa proba do éxito da medida.
Concellaria Xuventude.-

No hay comentarios: