-     REFORMA PRAZA DE ESPAÑA- 
    
Setembro  2013
    
        A Asociación Veciñal O Rosario  –Inferniño, observamos con preocupación as obras de reforma da Praza de  España as cales presentan moitas dúbidas por parte da cidadanía.
Pensamos  que o problema da Praza de España consiste en solucionar o ESPAZO  SOTERRADO polo que lembramos a promesa da campaña electoral do candidato do  PP que era recheando con terra este espazo interior.
     Ao  noso entender, esta modificación non ten  ningún sentido nin percibimos unha funcionalidade que xustifique esta reforma  para comprender unha Praza máis dinámica. Se isto persigue unha praza con máis  ornamentación podemos afirmar que se trata dunha chapuza no uso de materiais dos  grandes  maceteiros de pedra SEN PULIR  que nos recorda as pedras da Praza do Inferniño que tanto criticamos e  causou varios accidentes en nenos motivado a estes afiados cantos para volver  20 anos despois a reincidir no mesmo erro .
A  Praza de España vaise converter nunha praza de obstáculos que  restará mobilidade e espazo público peonil con esta disparatada reforma e un  claro despilfarro de diñeiro público do Concello de Ferrol .
Outra  cuestión sería tratar de solucionar os 2 locais de superficie que lembramos  existe un acordo de Participación Cidadá para destinar un  local como sala cultural de exposicións,  charlas e encontros cidadáns, pero que estes acordos non foron  respetados e mesmo foi desmantelado todo o proceso de Participación Cidadá  que tanto aportou o movemento social de Ferrol.
   Consideramos  estas obras de reforma desta Praza de España unha reforma innecesaria, un  despilfarro de recursos públicos e, en consecuencia, un capricho político polo  que pedimos a PARALIZACIÓN das Obras co fin de RESOLVER os verdadeiros  problemas da Praza que son o destino dos locais e o espazo soterrado.
Ferrol, a 25  de setembro de 2013.
    
- A directiva.-
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

No hay comentarios:
Publicar un comentario