FESTAS INFERNIÑO
    
A xunta  directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, preguntamos ao Goberno municipal que iniciativas e dispositivos vai  empregar para ordenar as FESTAS PATRONAIS DO INFERNIÑO.
    
Recomendamos que  toda os arredores da Praza do Inferniño se declare ZONA PEONIL dende ás 16  h do venres ata a mañá do luns, semellante ao día de Feirón,  co fin de evitar os vehículos por medio das  atraccións infantís, coa excepción de permitir as entradas e saídas do aparcamento  municipal polos accesos de Rúa Fontemoura e Alcalde Usero.
    
Esperamos as requiridas  inspeccións sobre as Atraccións infantís con as conseguintes revisións de Licenzas   e garantías para desfrute e uso en óptimas  condicións, evitando así escenas perigosas do pasado ano con algún accidente  innecesario.
    
Por isto, requirimos a presenza e control da Policía  Municipal,  controis técnicos, subministro  eléctrico, auga, control de SON e horarios, así como colaborar coa Comisión de  Festas no estrito cumprimento das normativas para estes eventos.
    
Ferrol,  a 2 de Outubro de 2012.
    - A directiva.-
-            SR. ALCALDE –PRESIDENTE -CONCELLO  DE FERROL .-
    
No hay comentarios:
Publicar un comentario