10.10.12

Estrada Castela - Control semafórico.-



O PSOE reclama a aplicación do sistema de control semafórico.

 Mércores, 10 de Outubro de 2012.

    redacción ferrol  .
Os semáforos das estradas de Castela e Catabois non están en funcionamento polo -nulo seguimento dos temas e a falta de compromiso do goberno local-. Así o considera o grupo socalista que onte saíu ao paso das declaracións do executivo de Rei Varela, que acusou ao PSOE de non incluír o servizo semafórico no proxecto das obras para estes dous viarios da cidade.
 
Os edís Jaime Pena e Gerardo López lembraron que o pasado ano asinouse un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico para a instalación dun sistema  intelixente de control semafórico, ao ser Ferrol a única cidade galega que carecía del.
Para facer fronte ao convenio, o anterior executivo incluíu na remodelación de Castela e Catabois a obra civil para a colocación do tendido de fibra óptica que trasladaría a información dos semáforos ás pantallas do cuartelillo de San Xoán, no que tamén se habilitou a sala de control necesaria, con cargo aos fondos do Plan E.

Os socialistas sinalaron que non se sabe nada dese convenio nin sequera onde se atopa e lonxe de facelo cumprir e de contactar coa DXT antes de concluír as obras, nin sequera puxéronse en funcionamento os semáforos ao modo tradicional. Non se fixo, indicou Pena, "nin o urxente o aceso de semáforos" nin o importante "o control semafórico independente".
 
Por esta razón, Gerardo López urxiu ao goberno local a pór en marcha este convenio, que suporía "a entrada de Ferrol no século XXI". O concelleiro lembrou que coa instalación do sistema nas estradas de Castela e Catabois estaría conectado o 70% dos semáforos, restando só os proxectos da avenida do Rei e o cruzamento de San Xoán. O resto dos sinais luminosos que forman o anel da cidade incorporaríanse ao sistema a través da rede wi-fi.
O grupo socialista cuestionou xa no último pleno municipal o significado do termo "inmediato" co que o edil Pablo Cal referiuse á posta en marcha dos semáforos da estrada de Castela, o mes pasado.
 
Diario de Ferrol.-

 

No hay comentarios: