4.2.12

Convocatoria Asemblea de Barrio- 8 Febreiro

                    
                              - Asemblea de barrio -


Ferrol a 3 de Febreiro de 2012.    



     A xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, informa que para este vindeiro MÉRCORES, día 8 ás 19, 30 horas, vaise celebrar un ASEMBLEA DE BARRIO no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, convocada pola concellaría de Participación Cidadá.

   Animamos a toda a veciñanza deste barrio do Inferniño a participar neste importante evento participativo a título individual así como a todas as entidades veciñais, culturais, deportivas e colectivos sociais co obxectivo de aportar as súas reivindicacións sociais co fin de facer barrio.

   Lembramos que, como outras entidades sociais da cidade, estivemos  traballando dende o ano 2008 na antiga Comisión- GAP (Grupo de Análise e Propostas) no desenvolvemento do novo Regulamento de Participación Cidadá co fin de que a nosa cidade dispuxera desta ferramenta cidadá. Podemos dicir sen ningún reparo que este Regulamento foi cualificado por diferentes especialistas como un dos máis avanzados, vangardistas, horizontais e ambicioso do Estado español polo seu caracter transversal e vinculante nos diferentes procesos e Orzamentos Participativos.

  Corresponde a cidadanía a título individual, maiores de 16 anos, e as entidades sociais do barrio do EnsancheA-Inferniño CONSTITUIR esta ASEMBLEA DE BARRIO e os seus representantes .  Lembramos que segundo o artigo 31 do Regulamento de Participación Cidadá, presidirá esta Asemblea de Barrio o Alcalde ou Concelleiro de Participación Cidadá;  dúas Vice-presidencias, unha nomearase a un representante de asociacións e outra vice presidencia a unha persoa individual elixida democraticamente.

Estas vice- presidencias renovaranse cada dous anos.

- Estas Asembleas terán varias funcións e competencias co fin de fomentar a participación directa na xestión municipal do barrio.

- Promover a colaboración entre as organizacións do barrio e a veciñanza.

- Participar na toma de decisións sobre actuacións e investimentos no barrio, ben debatendo e valorando estas actuacións.

- Informando ao concello do funcionamento efectivo e seguimento dos servizos municipais e necesidades do territorio seleccionando prioridades..

-Elaborando PROPOPOSTAS para implementar proxectos e programas públicos, servizos...

 Solicitar información do Concello dos temas de interese para a Asemblea.

- Reuniranse catro veces ao ano.

- A Presidencia- vice-presidencias prepararán as Convocatorias e Orde do Día.

 - Publicitaranse por todos os medios e web do concello as datas de reunión co fin de que a cidadanía poda presentar propostas.

- Remitiranse ACTAS de todas as reunións as persoas e entidades participantes nun prazo máximo de 1 mes.

- O Concello deberá informar a cada Asemblea das actuacións relevantes no seu ámbito territorial.

- A Asemblea de Barrio elaborará o seu propio Regulamento Interno de Funcionamento, decidido democraticamente.

Como se pode observar o Regulamento de Participación Cidadá permite a plena participación activa da cidadanía na xestión municipal. Esta Asociación veciñal fai un chamamento a toda a veciñanza a participar nesta primeira Asemblea de Barrio do vindeiro MERCORES-8 ás 19,30 h no Carvalho Calero e así fomentar a Participación Cidadá na DEMOCRACIA PARTICIPATIVA a cal debe camiñar en paralelo coa Representación Política.

Esperabamos máis publicidade, cartelería,  prensa  para publicitar este asemblea de barrio ao marxe das convocatorias personais as cales valoramos.

Saúdos veciñais.

-         A Directiva.-


--

No hay comentarios: