30.1.12

A A.Veciñal O Rosario-Inferniño valora a

elección da súa presidenta como directora da OIX .

Luns, 30 de Xaneiro de 2012.
redacción > ferrol


A directiva da Asociación de Vecinos O Rosario-Inferniño manifestou publicamente a súa satisfacción polo nomeamento da presidenta da entidade, Ana Jesús López Díaz, como nova directora da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade da Coruña.
O colectivo recordou que entre os labores da mencionada entidade está convocar actos para reivindicar os dereitos das mulleres no ámbito social e lavoral.

Así mesmo, desde a Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño anunciaron que nos próximos meses continuarán prestando a súa colaboración no Consello Sectorial da Muller do Concello ferrolán para seguir traballando a favor da igualdade social de xénero.
 
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: