25.1.12

Convocatoria Pleno Sanidade Pública.-

Convocatoria de pleno da Plataforma

en Defensa da Sanidade Pública.

Mércores, 25 de Xaneiro de 2012
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol (Pdspf) convoca a todos os seus membros ao pleno que terá lugar esta tarde, a partir das seis, no local da asociación veciñal de Esteiro. Na orde do día está a análise da situación da sanidade pública na comunidade autónoma e na cidade de Ferrol, así como os novos recortes sanitarios por exemplo a redución de 1.500 médicos por motivo das xubilacións e dos que non se reporá máis que o 10%.

Tamén se tratarán os recortes orzamentarios para a construción dos centros de saúde comprometidos en Ares, A Capela, Cedeira e Narón e os atrasos no de Serantes e As Somozas; e a campaña da Iniciativa Lexislativa Popular en contra das privatizacións e o copago e oposta á desaparición de áreas sanitarias.

No encontro desta tarde abordarase ademais a incorporación de novas entidades locais á plataforma e falarase do financiamiento da mesma..

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: