A Asociación Veciñal “O ROSARIO – INFERNIÑO “de Ferrol, constitúe unha entidade sen ánimo de lucro, que ten o seu ámbito de actuación territorial coñecido histórica e popularmente como o barrio do INFERNIÑO, parroquia do Rosario.
avvorosario@gmail.com.
Móbil- 649 024612
10.12.08
TEATRO CIENCIA DIVERTIDA
Espectáculo de Ciencia Divertida Teatro: Os Náufragos
Como broche final das actividades programadas co gallo da Semana da Ciencia-2008, a A.Veciñal O Rosario -Inferniño convidavos o vindeiro sábado-13 ás 19:00 h. centro Cultural Carvalho Calero a todos os nenos e nenas de Ferrol a un divertido espectáculo protagonizado por os disparatados científicos de Ciencia Divertida que espertarán a curiosidade e a imaxinación dos mais pequenos (e dos non tan pequenos) cos experimentos, disparatadas ocorrencias e inventos, destes científicos chifrados que chegan á nosa festa xusto logo de conseguir saír dunha illa deserta onde naufragaron. Os náufragos, que así se titula o espectáculo, mostraranos como a vida na illa estivo repleta de desafíos e perigos, os cales foron superados cos seus incribles- espectaculares, divertidos, e ás veces absurdos- experimentos.
-Centro Cultural Municipal “Carvalho Calero” -Sábado, 13 de decembro ás 19:00 h. -Entrada libre
Ferrol a 10 de Decembro de 2008
asdo. - Xosé M. Sanxoán - Secretario asdo. - Ana J. López - Presidenta
No hay comentarios:
Publicar un comentario