26.10.08

PETICION VECIÑAL- PALABRA NO PLENO.

Oito colectivos piden a palabra no pleno para opinar sobre os posibles cambios
movemento social.

A posible reestruturación das áreas de goberno que tería que afrontar o PSOE de producirse a ruptura do bipartito mantén tamén en vilo aos colectivos veciñais.
Tal é así que oito asociacións da cidade presentaron no Rexistro Xeral do Concello un escrito polo cal solicitan a palabra na sesión plenaria convocada, con carácter extraordinario, mañá ás 18.30 horas.
As asociacións de veciños de Caranza, Fontelonga, O Rosario-Inferniño, San Pablo, Ferrol Vello, Prioriño, Santa Comba -Covas e o Ateneo Ferrolán esperan poder expresarse sobre as negociacións levadas a cabo desde maio co concelleiro de EU Javier Galán para sacar adiante o novo regulamento de participación cidadá.
Consideran que é «un regulamento de consenso unánime aceptado por todo o tecido asociativo», e os tambores golpeados por Yolanda Díaz nos últimos días para frear a aplicación da Lei de Grandes Cidades alarmaron aos colectivos, que ven agora en perigo a súa voz na administración.
Xa antonte emitiron un comunicado no que pedían que a citada lei non negase os elementos de participación de que dispoñen ou que foron negociados con EU.
O caso é que o regulamento para aplicar a norma de grandes urbes recolle no seu último título ese dereito dos veciños.
Aínda que atribúe os mecanismos a outro regulamento adicional, que é o que estivo elaborando o concelleiro de Participación Cidadá coas asociacións.
Así as cousas, todo apunta a que a mobilización social vai ser masiva e que Yolanda Díaz, a pesar de forzar a situación cunha semana chea de acusacións e descualificacións cara aos seus socios de goberno, vai estar apoiada nesa liña, a de defender o traballo realizado ata agora.
Ambos os grupos municipais mantiveron onte o silencio nesa suposta tregua de fin de semana que a líder de EU en Ferrol anunciou o venres, polo que mañá estudarase a posibilidade de que eses colectivos participen activamente no pleno en función, como explican, do artigo número 19 do Regulamento de Participación Cidadá vixente na actualidade.
La Voz de Galicia.-

No hay comentarios: