15.10.08

O GRUPO DE ANALISE E PROPOSTA (GAP) DEFENDERAN O REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.


-Os prespuestos participativos abordaranse nunhas xornadas.
-Reunión onte no Concello do grupo de traballo.

C. CARBALLEIRA REDACCIÓN > FERROL
O Concello celebrará o próximo mes de novembro unhas xornadas sobre orzamentos participativos dirixidas, en especial, ás asociacións veciñais.
Desde a Concellaría de Participación Cidadá enmárcase esta experiencia piloto na nova normativa de Participación Cidadá.
A previsión do concelleiro- delegado desta área, Javier Galán (EU), é que as contas do Concello para o exercicio de 2009 conten cunha partida económica directamente xestionada polas entidades veciñais e que se destinará a un barrio en concreto.
O primeiro paso serán unhas xornadas que terán lugar o próximo mes e que servirán para informar á cidadanía en xeral sobre esta iniciativa, segundo anunciou Galán durante a primeira reunión do Foro Cívico, celebrada a principios de outubro no Edificio de Apoio ao Estudo do campus de Esteiro.
Por outra banda, cidadáns, asociacións e colectivos que forman parte do denominado Grupo de Análise e Proposta (GAP) fixaron onte as prioridades para a posta en marcha do novo regulamento de participación cidadá.
A esta cita, que se desenvolveu no salón de plenos do Concello, seguiralle mañá outra na que este grupo de traballo e a comisión política -integrada por representantes dos partidos con representación no Concello- porán en común as achegas á reforma da normativa realizadas desde o inicio deste proceso participativo.
Tras este encontro, o último paso para a entrada en vigor do novo regulamento será a súa aprobación polos órganos do Concello, primeiro en comisión informativa e logo polo pleno da corporación.
Precisamente, Javier Galán apuntou na reunión do Foro Cívico a posibilidade de que sexan as propias entidades as que defendan o texto final na sesión plenaria.
A demanda de que a orde do día dos plenos sexa previamente consensuada cos colectivos sociais e que as alocucións veciñais abran estas sesións, así como a posibilidade de trasladar a un pleno extraordinario as cuestións específicas de intervención da ciudanía, foron algunhas das propostas que saíron deste Foro Cívico.
Na reunión de onte do GAP tamén se avanzou na estratexia de difusión do novo regulamento, coa edición de folletos, visitas a domicilios ou asociacións e que se publiciten as accións dos entes de participación en diferentes soportes, como marquesiñas.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: