29.5.08

CRITERIOS PARA SUBVENCIÓNS

Participación Cidadá presente ás asociacións veciñais os criterios de avaliación para axudas orientadas ás actividades culturais.-

Mércores, 28 de maio de 2008

As subvencións non poderán superar o 80% do orzamento final, cun límite máximo de 1.500 euros.

O concelleiro de Participación Cidadá, Javier Galán, e a titular do departamento de Cultura do Concello de Ferrol, Yolanda Díaz Pérez, deronn a coñecer onte á tarde, a partir das 17.00 horas ao conxunto das entidades veciñais, os criterios que rexirán para a concesión de axudas cara á realización de actividades culturais durante o ano en curso. Participación Cidadá ten consignados un total de 30.000 euros para este capítulo coa idea de apoiar exclusivamente as actividades culturais, polo que non serán subvencionables as de carácter festivo relacionadas coas celebracións patronais, de barrio ou de parroquia.
As asociacións veciñais solicitantes deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello, con dada límite de 30 de xuño de 2008 un proxecto no que consten, entre outros, unha explicación da iniciativa a desenvolver, os obxectivos que se perseguen, as actividades que conleva, a estimación dos públicos asistentes, o calendario de actos ou o nome das entidades que co-organicen o proxecto no seu caso.
Tamén deberá constar o orzamento total da proposta, así como información doutras subvenciones solicitadas ou concedidas.
Como norma xeral, o límite subvencionable polo Concello de Ferrol será do 80% do orzamento total do proxecto, sen poder sobrapasar o importe de 1.500 euros.
Tanto a porcentaxe como a cifra referidas poderanse ver incrementadas no caso daqueles proxectos presentados por dúas ou máis asociacións veciñais.
A suma das subvencións concedidas polas diferentes administracións públicas para a mesma actividade non poderá superar, en calquera caso, o 100% do orzamento da mesma.
A concesión das subvencións seguirá criterios de avalización tales como a traxectoria histórica dos solicitantes, o número de socios, o peso da programación cultural sobre o conxunto de actividades organizadas polas solicitantes no último ano, a existencia da vocalías ou departamentos de cultura, o número de entidades co-participantes e das actividades propostas, a poboación destinataria, o orzamento xeral solicitado, o impacto das actividades propostas na dinamización cultural do municipio, o carácter innovador das mesas, a coherencia técnica do proxecto e a posta en valor e revitalización do patrimonio cultural galego e ferrolán.

Concellaría de Participación Cidadá.

No hay comentarios: