17.5.08

CELEBRACION VECIÑAL DAS LETRAS NO JOFRE

O acto cidadán convocado con motivo das Letras Galegas encheu o Teatro Jofre.

Miro Casavella, o ballet de Jesús Quiroga e o Real Coro Toxos e Froles, que pechou o acto co Himno Galego, puxeron a nota musical e artística a unha xornada que contou coa participación do poeta Vicente Araguas,de Henrique Rabuñal e de Mauricio Castro
A resposta da cidadanía ao acto convocado polas entidades culturais e veciñais de Ferrol, en colaboración coa Concellería de Cultura, para conmemorar o Día das Letras Galegas enchou este pasado xoves case que na súa totalidade o aforo do Teatro Jofre.Miro Casavella, o ballet de Jesús Quiroga e o Real Coro Toxos e Froles, que pechou o acto co Himno Galego, puxeron a nota musical e artística a unha xornada que contou coa participación do poeta Vicente Araguas, en calidade de presentador e condutor do acto, de Henrique Rabuñal, que falou da vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez –a quen lembra este ano a data- e de Mauricio Castro, que loubou a Ricardo Carvalho Calero nunha defensa da demanda do Concello de Ferrol para que sexa o próximo homenaxeado por parte da Real Academia da Lingua Galega.
Unha representante de Fuco Buxán tamén leeu un poema do homenaxeado nesta ocasión.
A concelleira de Cultura, Yolanda Díaz Pérez, que abreu o acto, destacou “o magnífico exemplo de traballo en común desenvolvido polo tecido asociativo cultural da cidade” e significou a estreita relación que se dá entre cultura e cidadanía.
Díaz incidiu en que a nosa cultura, a afirmación da diversidade cultural que comporta a súa promoción, exise políticas públicas valentes na defensa dela como ben social, como ferramenta de emancipación, de xeito que as políticas públicas gañen a complicidade dos diferentes sectores económicos implicados no eido cultural para producir un ambiente propicio á difusión da mesma. No acto cívico participaron as asociacións veciñais de San Pedro-marmancón, Zona Centro, Prioriño, Caranza, O Lago, Pazos, San Pablo de Catabois, Ferrol Vello, Esmelle, O Rosario , A Graña, Fontelonga, Ensanche A e Canido, así como as entidades culturais Fuco Buxán, Columba, Fundaçom Artábria, Lefre de Caldereta, Amigos do Jofre, Mundo Danza, Ateneo Ferrolán, Sociedade Galega de Historia Natural, Real Coro Toxos e Froles, Fuco Buxán, Mundo Danza e Club de Prensa.

Concellaría de Cultura.-

No hay comentarios: