18.4.07

Denuncia Parque Urbano


Ferrol a 18 de abril de 2007 .-

A Asociación Veciñal O Rosario – Inferniño do Ensanche de Ferrol, diríxese a Vde coa finalidade de informarlle sobre a REALIZACIÓN DE OBRAS CON MOVEMENTOS DE TERRAS REALIZADOS POR MAQUINARIA PESADA na parcela situada entre o Pavillón Polideportivo do Ensanche e as rúas Río Xubia e Seselle, obras que comezaron o día 16 dos presentes.

Que os operarios manifestan que nesa parcela está prevista a realización dunha praza, aparcadoiro ou “algo así”, coa autorización do Sr. Arquitecto Municipal, manifestando tamén que o feito de mover as terras sobrantes dunha zona a outra da mesma parcela e COMPLETAR UN RECHEO NECESARIO PARA UNHA ACTUACIÓN POSTERIOR

Como vostede saberá este espacio situase integramente no que o PXOM de Ferrol cualifica como PU 14, esto é unha zona libre onde se haberá de executar un Parque Urbano e, como tamén Vde. Saberá, o propio PXOM de Ferrol establece no artigo 198 cales son as condicións e equipamentos que se poden executar nas parcelas cualificadas como Parque urbano.

Que dende esta Asociación consideramos que esta actuación podería ser constitutiva dunha infracción urbanística establecida na Lei da Comunidade Autónoma de Galiza 9/2002, de 30 de decembro,de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza, nos artigo 216 e, especialmente, no 217 .2 a)


Por todo isto S O L I C I T A M O S :


Que en aplicación dos artigos 101; 194; 198; e 209 da citada Lei 9/2002 de 30 de decembro se proceda :

1º .- Á inmediata paralización das obras en execución, e a inmediata incoación do correspondente EXPEDIENTE DE REPOSICIÓN DA LEGALIDADE.

2º.- Á depuración das responsabilidades que presuntamente puidesen ter as persoas que motivan esta actuación.


O Vicepresidente.-



asdo. Javier SÁNCHEZ GARCÍA


OTROSI DIGO.- No que se quer facer constar que, non obstante o solicitado, esta Asociación Veciñal, en cumprimento do seu lexitimo dereito á defensa dos intereses do barrio e da veciñanza, reservase o dereito de solicitar a intervención da Inspección Urbanística dependente da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, así como a presentación de denuncia ante os Tribunais de xustiza competentes, así como de todas aquelas medidas que os membros da citada Asociación consideren oportunas.-


SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

No hay comentarios: