RECORTES ENSINO PÚBLICO – 
           Esta  Asociación veciñal O Rosario- Inferniño,  manifestamos o noso apoio as familias e ANPA       do Colexio RECIMIL pola súa determinación na defensa das unidades  educativas de infantil de 3        anos  e denunciar o agrupamento de alumnado coa conseguinte  perda de profesorado e calidade educativa.  Esta Xunta directiva entende que as  medidas adoptadas pola Consellaría de Educación son continuación das políticas de  RECORTES da Xunta de Galicia, quedando xa demostrado o dano causado ao Ensino  público. 
- Nos sumamos as denuncias da ANPA RECIMIL xa que estas medidas da Administración afectan a parte da veciñanza e soci@s da Asociación deste barrio do Inferniño por ser a zona de influencia educativa infantil pública. Lembramos que esta Asociación veciñal ten nas súas reivindicacións a defensa do ensino público de calidade e universal e a sanidade pública polo que continuaremos a denunciar estas políticas de RECORTES como a principal causa de degradación na calidade educativa pública.A decisión da Administración galega de eliminar un grupo de alumnado de 3 anos, agrupando a todos nunha única unidade, significa a supresión de profesorado e medios de apoio polo que esta decisión da Consellaría vai a perxudicar claramente a calidade educativa do ensino público.Expresamos a nosa solidariedade e comprensión coa Xunta Directiva da ANPA RECIMIL e as/os representantes de NAIS e PAIS do Consello Escolar do centro pola decisión de presentar as súas DIMISIÓNS en bloque motivado a falta de apoios nas súas reivindicacións por parte da dirección deste CEIP RECIMIL.Esta Asociación veciñal do Inferniño, pide unha RECTIFICACIÓN da Consellaría de Educación e da Dirección do CEIP RECIMIL co obxecto de devolver ao centro as anteriores dúas unidades de educación infantil de 3 anos e medios educativos.Ferrol, a de novembro de 2015.-
 - A directiva .-
 
--

No hay comentarios:
Publicar un comentario