Nota do CCE sobre a ampliación de Reganosa
  
--
Ante  as noticias difundidas por Reganosa e a Xunta de Galicia sobre unha  posible ampliación da capacidade de almacenaxe e regasificación de  Reganosa o CCE quere aclarar á cidadanía de Ferrolterra o seguinte:
A  demanda de gas para a xeración eléctrica e para consumo  convencional está en descenso continuado desde o ano 2008. A  produción anual da planta de gas de Reganosa ven diminuíndo  progresivamente desde a súa posta en funcionamento (informe de  Enagas 2014). O ratio de utilización da planta de Mugardos segue  diminuíndo cada ano. De feito durante o ultimo  ano 2014 foi do 28.6%.    
A  pesares da escasa produción de Reganosa, de que a demanda de consumo  de gas non se prevé que suba senón que baixe, os promotores de  Reganosa pretenden duplicar a capacidade de regasificación da  planta, argumentando unha necesidade ficticia de gas para xustificar  un aumento da capacidade de produción. Non hai mais motivo que  acadar unha maior retribución fixa, xa que o sistema gasístico do  estado español, retribúe ás empresas gasísticas en función da  capacidade de produción outorgada, non da produción real.
A  Xunta de Galicia do PP como socia de Reganosa, avala a ampliación da  planta de Reganosa que non se sustenta en dato algún, inflando a  burbulla enerxética, e o chamado Déficit enerxético ( avaliado  actualmente en 30.000 millóns de euros):  unha estafa á cidadanía  que fai que paguemos a enerxía mais cara de Europa.
As  empresas do sector enerxético, coa complicidade dos gobernos veñen  realizando a construción de infraestruturas enerxéticas, lonxe de  calquera tipo de planificación razoable, sumando unha capacidade de  xeración eléctrica que duplica as necesidades do pais e deberán  ser pagadas pola cidadanía. Segundo estudosos do tema, o volume de  beneficio do oligopolio das 5 empresas enerxéticas nos últimos 10  anos, acada os 40.000 millóns de euros.
A  planta de gas de Reganosa  é unha instalación ilegal  (segundo  sentencia do Supremo de Maio de 2012), perigosa  porque ameaza a vida de miles de persoas e  innecesaria,  porque nos custa perto de 60 millóns de euros/ano, de déficit  contable. Dende a súa posta en funcionamento levamos pagado 500  millóns de euros: a pretendida ampliación suporía o incremento do  custo para nós, cidadáns e cidadás debido a que o déficit da  instalación tamén aumentaría.
A  Xunta de Galicia de Feijoo, un dos artífices do desmantelamento  industrial (sector naval) que conducíu a que ésta sexa a comarca de  máis paro de Galicia,  acorda  subvencionar a Reganosa. Hai que  lembrar que un dos socios principais, Gas Natural-Fenosa, constrúe  os gaseiros en Asia. A Xunta de Feijoo é co-responsable, xunto ao  Grupo Tojeiro, da destrución ambiental da nosa Ría. Agora autoriza  a ese mesmo grupo industrial a seguir envelenándoa con decenas de  miles de toneladas de verteduras sen depurar (Forestal do Atlántico),  e a utilizar fraudulentamente un sistema de regasificación nocivo  (Reganosa) e non previsto no proxecto..
A  planta de gas de Reganosa constitúe un caso flagrante de corrupción  politico- financeira,  unha estafa á  cidadanía.  A impunidade destes grupos económicos só é posible pola  complicidade de institucións como a Xunta de Galicia e do goberno  central. Esta instalación incumpre a normativa máis básica de  seguridade industrial e medioambiental, os problemas que formula son  insubsanables, por iso o CCE esixe o desmantelamento da planta de  Reganosa.
A  pretendida xustificación dun novo negocio do GNL como é o bunkering  a barcos que navegan cara as zonas ECA é unha manipulación clara  debido ás dúbidas que os armadores están manifestando para  substituír os combustibles tradicionais polo GNL, e en calquera caso  si fose exitosa no futuro esta alternativa de propulsión supoñería  un maior tráfico de gaseiros cargados pola ría aumentando  consecuentemente os riscos para a cidadanía.   
É  unha irresponsabilidade que o conselleiro de industria e o presidente  de Reganosa, anuncien tamén a posibilidade no futuro da navegación  pola ría de Ferrol de calquera tamaño de buques gaseiros,  incluíndo, supoñemos, os de tipo Q-max e Q-flex, xa que a  perigosidade que agora xa supón a navegación de gaseiros cargados,  calquera situación de risco en relación á marea, veríase  incrementada ao navegar buques de maior tamaño. O desprezo pola vida  e a seguridade da poboación da nosa ría de Ferrol é patente con  estas declaracións.
Ferrol  a 1 de Abril de 2015
--
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995
No hay comentarios:
Publicar un comentario