18.4.12

fotos Centro Comercial - mobiliario Inferniño

A A.Veciñal O Rosario-Inferniño denuncia o

estado de abandono dos arredores de Porta Nova .

Mércores, 18 de Abril de 2012.


redacción > ferrol

A xunta directiva da Asociación de Vecinos O Rosario do Inferniño fixo público un comunicado no que denuncia, unha vez máis, o estado de deterioración e abandono dos arredores do centro comercial Porta Nova. Os accesos e escaleiras ás zonas exteriores da terraza e as gretas, roturas e dilataciones da fachada oeste do edificio "que presenta, -aseguran-, risco de desprendementos" son algunhas das cuestións que preocupan á entidade veciñal.

A asociación faise eco tamén da petición de persoas maiores do barrio para que se manteñan en boas condicións as bancadas da praza do Inferniño, que utilizan habitualmente para o seu descanso e tempo de lecer.

Diario de Ferrol.-

















A xunta directiva amosa varias fotos dos arredores do centro comercial Porta Nova pola falla de mantemento e abandono.
Mostramos situación dos accesos e escaleiras as zonas exteriores da terraraza deste centro comercial asi como expresamos a nosa preocupación polas grietas, roturas e dilatacións da cara oeste con risco de desprendementos as beirarrúas.
Outras cuestións a mencionar, a petición de persoas maiores, é a falta de mantemento e condicións das bancadas para desfrute e ocio destas persoas na Praza do Inferniño. 
Saúdos
- A directiva.-

No hay comentarios: