9.12.10

Biblioteca PECHADA






A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, expresamos nosa queixa e decepción motivada pola falta de dilixencia no funcionamento da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible e de máxima prioridade cultural.

Na actualidade esta BIBLIOTECA municipal permanece PECHADA tres días a semana; LUNS, XOVES e VENRES todo o día coa desculpa de falta de persoal, abrindo só TRES horas de mañá os MARTES e MÉRCORES, SEN SERVIZO TODAS AS TARDES.

Nos parece moi grave esta situación, onde os responsables municipais das areas de Cultura e Persoal teñen a obriga de cubrir esta praza co fin de que a cidadanía poda usar esta casa de referencia cultural.

Non se ten en conta a cantidade de persoas, en concreto,  estudantes que necesitan usar estas instalacións municipais nunha zona entre varios barrios cunha poboación de 25.000 habitantes.

 Esta A. Veciñal O Rosario –Inferniño o que reivindica  é a apertura permanente da BIBLIOTECA TODOS OS DÍAS SEN INTERRUPCIÓN e SÁBADOS POLA MAÑÁ. Non entendemos como se permiten ACTIVIDADES PRIVADAS NESTE CENTRO CULTURAL MUNICIPAL a una asociación tamén privada durante todos os días da semana, incluídos os Sábados a mañá, é dicir, este Centro Cultural permanece aberto os sábados sen ningún control de persoal municipal.
  
Seguiremos denunciando a falta de implicación do goberno local con este Centro Cultural por nos privar dunha programación Cultural  estable e permanente os fins de semana. O goberno terá que decidir se este Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, continuará a ser una sede veciñal para realizar actividades privadas o poderá ser utilizado polo resto da cidadanía.

Por todo isto, esiximos se dea a máxima PRIORIDADE PARA A INMEDIATA APERTURA DESTA BIBLIOTECA MUNICIPAL e unha PROGRAMACIÓN CULTURAL ESTABLE DO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL.



Ferrol, a 9 de Decembro de 2010.


   A PRESIDENTA            /                O SECRETARIO

 Asdo. Ana Jesús LOPEZ -     Asdo. Xosé M. SANXOÁN 




No hay comentarios: