9.9.10

OBRAS BEIRARRÚAS- ESTRADA DE CASTELA





A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, expresamos a nosa queixa e preocupación polo resultado das OBRAS nas beirarrúas da ESTRADA DE CASTELA, o cal comprobamos como as beirarrúas quedaron ao mesmo nivel que as entradas de varios locais comerciais e portais dos veciños representando un serio perigo de inundacións en tempos de choivas.


Nos preguntamos como podo suceder este contratempo e falta de previsións dos responsables políticos que deberían realizar un seguimento técnico nestas obras.



Os responsables do goberno local teñen que entender das serias inconveniencias que este problema pode xerar nos locais comerciais e veciñ@s desta zona do Inferniño.



Ante estas queixas veciñais queremos saber que iniciativas e xestións vai emprender o Concello para ofrecer unha eficaz solución co fin de resolver este problema.





Ferrol, a 8 de Setembro de 2010.




A Presidenta O Secretario





Ana J. LÓPEZ DÍAZ / Xosé M. SANXOÁN





-SR. ALCALDE –PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-


- SR. CONCELLEIRO URBANISMO.-


- SR. CONCELLEIRO OBRAS.-




------------------------------------------------------------------
Diario de Ferrol.-
Denuncian inundacións en locais da estrada
de Castela como consecuencia das Obras.
Xoves, 09 de Setembro de 2010.
A Asociación de Vecinos O Rosario do Inferniño e un grupo de cidadáns dirixíronse ao Concello para expresar a súa preocupación pola forma en que se están desenvolvendo as obras da estrada de Castela.
A entidade veciñal refírese, concretamente, ás beirarrúas, das que di que non quedaron ao mesmo nivel que as entradas a varios locais comerciais e portais, o que supón, ao seu xuízo, un grave perigo de inundacións en época de choivas.
O Rosario achaca esta situación á falta de seguimento das obras por parte dos responsables políticos e esixe que se adopten iniciativas e xestións para ofrecer unha solución eficaz que resolva o problema.
Pola súa banda, un grupo de veciños entregou no Concello un escrito no que tamén denuncian inundacións en varios baixos da estrada de Castela. Este colectivo fai referencia ás críticas formuladas pola oposición en relación coas obras e ao silencio do goberno local respecto diso, pero tamén á falta de iniciativa das AAVV para denunciar esta situación.
Os afectados inclúen tamén no escrito unha chamada de atención pola ausencia da Policía Local da zona da estrada de Castela e, neste sentido, aseguran que non se respectan os sinais de tráfico.
Como informamos, a Asociación de Empresarios Ferrolterra entregou o pasado martes ao Concello, a Xunta e representantes da empresa construtora un informe que enumera unha serie de deficiencias detectadas nas obras da estrada de Castela, que financia a administración autonómica.

No hay comentarios: