
Comunicamos ao Concelleiro de Urbanismo noso total desacordo pola supresión do HUMIDAL e manifestamos o noso rexeitamento por esta decisión que desoe e contradí todas as recomendacións existentes nas diferentes normativas e tratados respecto a conservación, rehabilitación ou mantemento destes HUMIDAIS.
O Concelleiro de Uranismo alega o mal estado de súas augas polo que supoñemos debese referir as ultimas semanas xa que non entendemos que un humidal fecal poida conservar vida anfibia, aves e xunqueira.
Estes informes preferimos que se fagan públicos.
Nosas críticas van dirixidas aos dous últimos gobernos do PP e PSOE por ser os verdadeiros responsables das agresións que padeceu este HUMIDAL que sufriu reiteradamente recheos malintencionados a pesar de nosas denuncias.
Tamén nos referimos nas nosas críticas á outra asociación veciñal do Ensanche, onde despois de demandar pistas de futbol-7 ou pista de skate-board neste Parque Urbano, agora impulsa de forma deplorable a desaparición deste HUMIDAL, indo contra a normativa medio ambiental.
Presentamos reiteradamente nosas demandas e un INFORME do IBADER, onde recomendaba a posibilidade de recuperar e rehabilitar este HUMIDAL URBANO, supoñendo un luxo dispor deste espazo como complemento do PARQUE URBANO do INFERNIÑO.
Lembramos que os diferentes tratados e normativas obrigan as distintas administracións, incluíndo a local, a se responsabilizar e protexer estes espazos naturais con medidas de protección e actuacións preventivas para a súa conservación.
Amosamos un pequeno texto da normativa europea, que di:
Tratado de Funcionamento da Unión Europea (versión consolidada Diario Oficial das Unión Europea 09/05/2008), desenvolve no seu título XX estes aspectos, considerando que a política da Unión no ámbito do medio ambiente terá como obxectivo alcanzar un nivel de protección elevado, tendo presente a diversidade de situacións existentes nas distintas rexións da Unión. Basearase nos principios de cautela e de acción preventiva, no principio de corrección dos atentados ao medio ambiente, preferentemente na fonte mesma, e no principio de quen contamina paga.
Ferrol, a 14 de Setembro de 2010.
A PRESIDENTA / O SECRETARIO
Asdo. Ana Jesús DIAZ LOPEZ - / - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario