16.4.10

ESTUDO DA DECLARACIÓN DO BARRIO DO INFERNIÑO.


A Xunta directiva desta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño, presentou no REXISTRO MUNICIPAL un escrito dirixido ao Sr. Alcalde para o inicio dun estudo ou informe co fin de realizar unha DECLARACIÓN formal do BARRIO DO INFERNIÑO.
Requerimos unha actitude seria e rigorosa no estudio dun informe que recoñeza esta situación ao marxe de que se poida compartir espazos comprendidos de Participación Cidadá, Asembleas de Barrio ou programas culturais para esta zona.
Esperamos que non se faga un INFORME de ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, senon confirmar unha realidade social deste barrio do Inferniño na Parroquia do Rosario.
Existe, de facto, esta realidade recoñecida por parte da veciñanza da zona do Inferniño que comprende desde Avda. da Paz até Rúa Manuel Belando, onde convive realidades propias da parroquia do Rosario, cunha poboación ampla, numerosa e consolidada dende hai 50 anos.
O Concelleiro de Participación Cidadá está informado para iniciar os trámites oportunos o cal confiamos o inicio este expediente o cal realizaremos as aportacións necesarias e o seu seguimento.
Contimuaremos reclamando esta reivindicación por que entendemos que non se pode obviar esta realidade social do Inferniño.
---------------------------------------------------------
DECLARACIÓN DO INFERNIÑO COMO BARRIO.

A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, solicitamos ao Concello de Ferrol o inicio informe para unha futura DECLARACIÓN desta parroquia do Rosario como BARRIO do INFERNIÑO.

Analizadas as distintas singularidades e antecedentes desta zona, afirmamos que esta parroquia do Rosario ten a suficiente ENTIDADE e IDENTIDADE para ser recoñecido como BARRIO do INFERNIÑO.

Como todos sabemos a partir da segunda metade do século XX, a cidade de Ferrol foi crecendo fora de Porta Nova, actual Praza de España, xurdindo o que agora se coñece como Ensanche A, onde a veciñanza se foi organizando co nacemento de dúas PARROQUIAS; SAN PEDRO e O ROSARIO.

Sabemos polos historiadores que a Parroquia foi implantada dende a chegada dos Suevos a Galiza como unha unidade territorial de marcada importancia e gran tradición.

Lembramos que a Confederación Galega de Asociación Veciñais de Galicia (COGAVE), aprobou unha resolución na súa Asemblea Xeral celebrada en Pontevedra no 2003, onde recoñecía a relación de Parroquia e Barrio sen caer en ningunha connotación relixiosa.


Nosa pretensión consiste en que O Inferniño debe ter a consideración de Barrio co fin de elixir, decidir ou reivindicar o seu futuro nas relacións sociais e culturais, dende a perspectiva da solidariedade co máis absoluto respecto da legalidade.


SOLICITAMOS ;


Que en base a todos estes argumentos o Goberno Municipal realice todos os estudos necesarios para realizar unha DECLARACIÓN FORMAL DA PARROQUIA DO ROSARIO COMO BARRIO D´O INFERNIÑO.





Ferrol, a 12 de Abril de 2010.


A Presidenta O Secretario



Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO




- ALCALDE- PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-

No hay comentarios: