15.4.10

COMUNICADOS FEIRÓN INFERNIÑO.



NOTA DE PRENSA



Asociación Veciñal O Rosario.-Inferniño, informamos que no ultimo Feirón do Inferniño do pasado sábado, estivemos repartindo un COMUNICADO, explicando a nosa satisfacción motivada ao RESCATE da XESTIÓN e COBRAMENTO deste Feirón por parte do Goberno Municipal.

Denunciamos que durante o transcurso do Feirón, que certos rumorosos estaban especulando aos feirantes e comerciantes sobre a posibilidade de que a nosa Asociación ía facerse cargo deste Feirón e cobramento das taxas, incluso que iamos incrementalas.

Esta Asociación do BARRIO do INFERNIÑO, DESMINTE tales infamias e calumnias polo que NEGA e REXEITA estas especulacións mal- intencionadas.


Debemos lembrar que estas competencias corresponden única e exclusivamente ao Concello de Ferrol por ser competencia municipal.

Debemos manifestar que a nosa asociación non se lle ocorre realizar un cobramento destas taxas ou merced pola realización dunha actividade comercial nun ESPAZO DE DOMINIO PÚBLICO. Debemos entender que as Asociacións veciñais son entidades sen ánimo de lucro, que colaboran e axudan a desenvolver un barrio, pero nunca deben extralimitarse nas súas funcións ou usurpar as competencias municipais.

Incidimos que non forma parte de noso ideario nin é noso estilo ir cobrando polos postos dos feirantes e comerciantes, enviando esta mensaxe de tranquilidade aos nosos/as socios/as e veciñanza deste BARRIO DO INFERNIÑO de que xamais caeremos en semellantes baixezas.

Para rematar, queremos denunciar que neste último feirón non se respectaron os acordos alcanzados cos Concelleir@s responsables e incumprimentos da Ordenanza Municipal deste Feirón.

Ferrol. a 13 de Abril de 2010.



- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -



C O M U N I C A D O


- A Asociación Veciñal O Rosario- inferniño, expresamos nosa satisfacción pola decisión do Goberno Municipal en RESCATAR a XESTIÓN e COBRAMENTO das TAXAS deste FEIRÓN DO INFERNIÑO a partir do vindeiro mes de Maio.

- Levamos máis de 4 anos reivindicando a mala – nula xestión do Feirón por parte da A.VV. Ensanche A, permitindo de forma permanente a ocupación das beirarrúas e accesos a Praza do Inferniño por máis de 50 -60 vehículos.

- Denunciamos que unha entidade sen animo de lucro como a A.VV. Ensanche A, realice o COBRAMENTO das TAXAS municipais aos feirantes o que consideramos nunha actividade comercial nun Espazo de DOMINIO PÚBLICO.

- Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, ten o compromiso do Goberno Local de manter unha patrulla de Policía municipal permanente e a posta en marcha nun futuro inmediato da TARXETA IDENTIFICATIVA dos postos, indicando o tipo de venda, mercadoría, foto propietario e sinatura concellaría municipal.
De non contar con as garantías sanitarias e seguridade, pediremos a disolución deste Feirón.

- Continuaremos reivindicando o cumprimento da Ordenanza Municipal Mercados, co fin de preservar todas as garantías de calidade, sanitarias e unha óptima xestión ao servizo dos usuarios/as.


Ferrol , a 10 de Abril de 2010.


- A XUNTA DIRECTIVA .-


No hay comentarios: