22.3.10

ESTUDOS NATALIDADE NA AREA DE FERROL

Ferrol Domingo 21 de Marzo de 2010

As persoas de 32 anos son o colectivo

máis numeroso na cidade

A natalidade descendeu á metade desde os anos 70
Jorge meis reportaxe de P.R.C.


Se vostede ten 32 anos de idade ha de saber que pertence ao colectivo de persoas máis numeroso de Ferrol, con 1.170 cidadáns.
O grupo de idade máis abundante na cidade naval é, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, o comprendido entre os 16 e os 64 anos, é dicir, o de poboación adulta (48.514 persoas).
Neste mesmo grupo se incriben o segundo e o terceiro posto (os que agora teñen 36 anos e os que teñen 34), o que pon de manifesto que o "baby-boom" ferrolán situouse na segunda metade da década dos 70.
Que naquela época nacesen algo máis de 1.100 nenos demostra que o actual índice de natalidade está moi lonxe de alcanzar esas cotas. En Ferrol hai 472 nenos que aínda non cumpriron un ano de idade e no grupo entre 0 e 15 o total é de 8.632, pouco máis de 500 por ano.
A taxa reduciuse, pois, nestas tres décadas, practicamente á metade. Entre os que aínda son menores de idade, os "mellores anos" no que a natalidade se refire foron 1993 -houbo 625 nacementos-, 2008 -con 594- e 2005 -con 583-.
Por tramos de idade só superan o milleiro de veciños quen teñen entre 29 e 30 anos, de 37 a 39, 41, de 43 a 44, de 46 a 48, de 51 a 55, 57 e de 60 a 64 anos.
No resto de grupos, as cifras non chegan ao milleiro.
O colectivo menos numeroso é o de 65 anos e máis, con 17.217 persoas entre as que son abafadora maioría as mulleres: 10.439 por 6.688 homes.
Cantos centenarios hai en Ferrol? Pois nin máis nin menos que 25, dos que case a metade (11) acaban de alcanzar esta idade. Pero entre quen pasaron o século de vida apenas hai homes, en concreto na cidade residen tres, dúas de cen anos e un de 101.
As máis lonxevas son dúas mulleres de 106 e 104 anos.
Pero os datos que ten rexistrados o Centro de Recursos Informáticos (CRI) ferrolán ofrecen tamén outras cuestións curiosas. Entre elas está que, a pesar de que se adoita dar por sentado que hai máis mulleres que homes, hai tramos de idade en Ferrol nos que sucede o contrario.
Efectivamente as mulleres son maioría no cómputo global (39.397 fronte a 34.876 homes), pero entre os cero e os seis anos son maioría os homes, que tamén predominan nos tramos de idade entre oito e doce anos, de 16 a 21, os de 24 e 25, de 27 a 29, de 31 a 33, 35 e 36, 39 e 40 e 43.
A partir desta idade, a tendencia invístese e xa son maioría as mulleres.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: