18.8.09

ESTUDO MOBILIDADE

Os vehículos acaparan a maior
parte do espazo público de Ferrol.
DAVID RUIBAL GARCÍA > FERROL
No municipio ferrolano existe unha elevada desproporción entre o espazo público que ocupan os coches e o reservado para os peatones. En todos os barrios, os primeiros teñen moito máis protagonismo que os viandantes, o que fai que o concello estea moi afastado do 60% para persoas e 40% para turismos e outros medios de transporte que recomenda a Organización Mundial da Saúde en canto á utilización do espazo público urbano.
Os Ensanches A e B son os que máis afastados están deste baremo.
Obras como a mellora das rúas Venezuela e Alcalde Usero, que se converterán en bulevares con amplas beirarrúas, poden axudar a cambiar a situación.
Ferrol non é unha cidade pensada para os peóns.
-Os coches acaparan a maior parte do espazo público en detrimento das zonas verdes e outros lugares de estancia.
Esta é unha das conclusións ás que chega a Axencia de Ecología Urbana de Barcelona nos seus estudos sobre mobilidade no municipio.´
As diferenzas entre a superficie de uso exclusivo peatonal e a destinada ao tránsito de vehículos varía en función dos barrios.
Así, en Recimil e no casco histórico da Magdalena, os coches ocupan entre o 58 e o 57% do ámbito urbanizado, quedando para os viandantes entre o 42 e o 43%.
A mellor situación atopámola no de Caranza, onde as zonas verdes e peatonales suman o 40%, polo 21% que representa a destinada a calzada.
Pola contra, a maior desproporción entre espazo peatonal e de turismos arrástrana os ensanches. No Inferniño (Ensanche A), os coches invaden o 70% do territorio, sendo aínda máis abusivo o dato no caso de Ultramar (Ensanche B), onde esta porcentaxe ascende ata o 78%.
É dicir, neste ámbito do municipio o espazo para os viandantes oscila entre uns exiguos 30 e 20%, respectivamente. Estes datos forman parte do plan de mobilidade da urbe naval encargado polo Concello á axencia catalá, e que marcará as pautas das políticas locais en materia de planificación urbana, de tráfico e transporte público.
O concelleiro de Urbanismo, Anxo Mato, avanzounos no pleno ordinario do pasado mes de xullo para defender o proxecto de reurbanización da rúa Venezuela, en Ultramar, fronte ás críticas dos comerciantes que consideran excesivo o ancho previsto para as novas beirarrúas, que serán de case cinco metros.
Afastados dos baremos da OMS >
O titular de Urbanismo subliñou que a urbe naval incumple as recomendaciones da Organización Mundial da Saúde (OMS) en canto ao reparto de espazos para peatones e vehículos.
O organismo internacional propón que os segundos non ocupen máis do 40% da superficie pública, mentres que o 60% restante estaría destinado para o uso das persoas e outros medios de transporte público.
Para darlle a volta a esta situación e que o peatón gañe protagonismo nas rúas da cidade, o goberno local ten en carteira un plan plurianual para a humanización de barrios, ao que nos orzamentos deste ano dedica unha partida específica que ascende a 1.681.000 euros.
Acordes con esta proposta e co estudo de mobilidade son varias actuacións que nestes momentos o Concello executa con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL):
mellora das rúas Venezuela e Alcalde Usero, nos ensanches, así como de Exército Español, en Caranza.
Unha característica común en todos estes proxectos é a considerable ampliación do ancho das beirarrúas. Son intervencións ben recibidas polas asociacións vecinales.
As dos ensanches recoñecen a necesidade que teñen estes barrios de contar con rúas tipo bulevar, aínda que advirten dos problemas de aparcamiento que se xerarán. ...
.../...
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: