
COMUNICADO HOMICIDIO
3 de Agosto 2009
3 de Agosto 2009
A Xunta directiva da Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, LAMENTA o acontecido este pasado domingo na parte traseira do Centro Cultural CARVALHO CALERO.
Expresamos nosas condolencias aos familiares e amigos da víctima ao tempo que esiximos o esclarecemento das circunstancias que rodean este tráxico suceso que estamos seguros realizará a Xustiza e as forzas de Seguridade.
Queremos lembrar que esta zona do Inferniño caracterizase por ser un lugar tradicionalmente tranquilo e de boa convivencia por parte da veciñanza.
Este lamentable suceso invita á reflexión colectiva onde debemos demandar dos poderes públicos, tanto locais, autonómicos e estatais unha maior implicación social coas persoas máis desprotexidas.
A directiva desta asociación agradece ao veciño, Sr. Bugallo, a súa resposta e xesto en auxiliar á víctima nun exemplo de solidariedade e valores humanos.
Ferrol a 3 de Agosto de 2009.
-A Presidenta O Secretario
Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario