
ASEMBLEA DE BARRIO
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Esta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, con representación no GAP (Grupo de Análise e Proposta), queremos iniciar unha ASEMBLEA DE BARRIO co obxecto de presentar e explicar a veciñanza o proceso do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, este vindeiro xoves, día 11 de xuño as 7 h da tarde no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
O principal fin é informar e difundir a toda a cidadanía o verdadeiro significado da PARTICIPACIÓN CIDADÁ así como involucrar as diferentes entidades socio- culturais e deportivas do barrio.
Trataremos de contar coa presenza de varios membros do GAP coa intención de informar respecto a este proceso , analizar e debater o auténtico alcance da DEMOCRACIA PARTICIPATIVA.
Esta mesa estará composta por varios membros do GAP;
- Alberto Saavedra, Presidente da A.Veciñal de Ferrol- Vello.
- Magdalena Gonzalez da Asociación Prioriño.
- Miguel López, Presidente da Asociación Veciñal de FONTELONGA.
- Pilar Venancio, Presidenta da A. V. de Caranza.
- Maica Rodriguez, Asesora de Participación Cidadá,
- Manuel Santiago, CONCELLEIRO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
- Moderando esta presentación o membro do GAP, Xosé Manuel Sanxoán da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño.
Lembramos que os ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS ( 2 MILLÓNS de € anos 2009-2010) requerirán dun exercico do máximo consenso social e a participación directa de todas as entidades do barrio do Ensanche , no Inferniño, as cales serán expresamente convidadas a este acto.
Saúdos veciñais.
Asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario
asdo. Ana J. López - Presidenta
No hay comentarios:
Publicar un comentario